Skip to Content

Visita ao centro: Chema Heras e Pilar Martínez

Este curso coñecimos persoalmente a Chema Heras e Pilar Martínez, dicimos persoalmente porque a súa obra xa era coñecida na nosa escola. Eles son autores dalgúns dos títulos máis solicitados na nosa biblioteca: Avós, A Galiña Roxa, Cando Martiño tivo ganas de mexar a noite de reis, colección "Crías de animais", etc.  

Ademais de escritores, Chema e Pilar son uns mestres fantásticos (agora xubilados), e iso nótase cada vez que se propón un encontro co alumnado. A semana pasada visitaron de novo o centro para presentar a colección "Crías de animais" da editorial Kalandraka ás nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria.

Non será a última vez que nos visiten, estamos seguros!

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut