Skip to Content

blogue dealberto

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018-2019

     O vindeiro martes 27 de novembro, terán lugar as eleccións parciais dos e das representantes ao Consello Escolar. No presente curso hai catro vacantes de representantes do sector de nais e pais,  tres de mestres e mestras e unha praza do persoal non docente. Neste apartado iremos colgando a información relativa ao proceso. Na entrada principal do centro está exposto o censo electoral dos pais e nais do alumnado.

Recollida de vales de axuda para material escolar 2018-2019

A partir do vindeiro luns 2 de xullo de 2018 e ata o venres da mesma semana, as familias que así o desexen poderán recoller os vales de axuda para material na secretaría do centro, en horario de 10 a 13:30. De non facelo, deberán retiralos en setembro do vindeiro curso.

Pódense consultar as solicitudes concedidas e excluídas no arquivo adxunto ou ben no taboleiro da entrada da escola.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Informamos que o período de  matrícula é do 20 ao 30 de xuño e que xa se poden recoller os impresos na secretaría do centro ou ben descargalos nesta páxina.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

    Ábrese o prazo para solicitar axudas convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para material escolar (1º a 6º de primaria) para o vindeiro curso 2018-2019.

    Este procedemento está regulado pola Orde do 9 de maio de 2018 e publicada no DOG do 21 de maio.

    Os impresos para realizar a solicitude poderán recollerse na secretaría do centro ou descargalos da web da escola. Presentaranse cubertos e coa documentación necesaria dende hoxe ata o 22 de xuño.

 

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

  O vindeiro 1 de marzo iniciarase o período de admisión de novo alumnado para o curso 2018-2019. Data límite de entrega da documentación: 20 de marzo de 2018.

    Os interesados/as poden facer a reserva:

RESERVA CURSO 2018-2019 EN CENTROS ADSCRITOS (I.E.S. DE MEAÑO)

    O 1 de febreiro iníciase o período de reserva de matrícula en centros adscritos para o curso 2018-2019. Polo que o alumnado de sexto curso que o desexe, poderán facer a reserva no I.E.S. de Meaño. Data límite de entrega da documentación: 15 de febreiro de 2018.

    Os interesados/as poden facer a reserva:

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2017-2018

   Ábrese o prazo para que as familias interesadas soliciten axudas de material escolar para o vindeiro curso 2017-2018. As interesadas deberán presentar o AnexoI na secretaría do centro antes do vindeiro 23 de xuño (axúntase como anexo, tamén se pode cubrir na rede na dirección http://sede.xunta.gal ou solicitando copia na Secretaría do centro). Axúntase tamén a orde de convocatoria da que saliantamos que poderán ser beneficiarios desta axuda aquelas familias cunha renta per cápita igual ou inferior a 5400€. A contía única a percibir, de3 ser o caso, será de 50€.

Asinación novas prazas curso 2017-2018

     No axunto pódense consultar as prazas asignadas para novo alumnado de cara ao vindeiro curso 2017-2018. Recordamos, aos e as interesados/as, que no mes de xuño terán que formalizar a matrícula, previa retirada do impreso na Secretaría do centro ou nesta páxina web.

PLAN MADRUGA 2017-2018

Comeza o prazo, ATA O 20 DE ABRIL, para solicitar PLAN MADRUGA no Concello de Meaño para o próximo curso escolar 2017-2018. Os/as interesados/as deberán cubrir a solicitude que poden atopar na páxina web do concello (www.concellodemeano.com) ou nas oficinas municipais e remitila, vía e-mail culturaxuventude@concellodemeano.com ou presentándoas nas propias oficinas.

 

Máis información na nota axunta, enviada polo Concello.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut