Letras Galegas 2020
Enviado por Anónimo o Dom, 10/05/2020 - 17:01
Como xa sabedes, esta semana a nosa Lingua Galega está de festa!
Botádelle un vistazo a estas actividades coas que podedes aprender moitos datos interesantes sobre o autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.
Facendo clic na imaxe, atoparedes un video resumo da biografía e xogaredes unha peculiar partida de dardos.
Nesta outra, proponse un misterio a resolver utilizando diferentes pistas e claves. Colle a lupa!
Para rematar, que mellor que este breve relato do autor, no que conta unha divertida anécdota da súa infancia.