PROGRAMA "ATRÉVETE"

O alumnado de 6º de Educación Primaria, participou neste curso no programa "Atrévete"

Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

 

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.

Logo das actividades levadas a cabo durante todo o curso (charlas, visitas a empresas,...), houbo un concurso para o alumnado "Atrévete a ter unha idea", no que participou alumnado de todo Galicia.

Neste concurso obtivo o 1º premio Antonio Lestón Geada, alumno deste centro co proxecto "Váter canino público".

PARABÉNS !!! e a seguir creando.