Publicadas as listaxes de admitidos e non admitidos que poderán consultar no taboleiro do centro ou na aplicación Admisión Alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) usando a Chave365. Estas listaxes teñen carácter provisional e poden ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles.
As listaxes definitivas publicaranse o 15 de maio.
O alumnado admitido formalizará a súa matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño.