Hoxe, mércores 21 de abril, procedemos á publicación das LISTAXES PROVISIONAIS de admitidos/as e non admitidos/as para o curso 2021-2022.
Estas listaxes poden consultarse no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a CHAVE 365 ou certificado dixital. Seguindo instrucións da Xefatura Territorial estas listaxes non poder ser publicadas na páxina web do centro.
O prazo de reclamacións ás listaxes será de 5 hábiles, é dicir, ata o 28 de abril solicitando previa cita no teléfono do centro (981 292 235).
Solicitudes non admitidas: as presentadas para 1º de Educación Primaria por non existir vacante.
Solicitudes admitidas: as presentadas para o resto de niveis (4º de Educación Infantil, 5º de Educación Infantil, 3º de Educación Primaria e 5º de Educación Primaria)
Solicitudes fóra de prazo: pendente de resolución.
Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao centro vía telefónica.