A partir do vindeiro LUNS 14 de setembro, unha vez feita a consulta ao servizo de transporte así coma autoridades educativas e municipais, a porta de acceso ao centro sita en Ronda Camilo José Cela (entrada das escaleiras) SERÁ UTILIZADA ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE polo alumnado usuario do transporte escolar.
Sentimos as molestias que poida ocasionar ás familias esta medida pero responde a unha causa de forza maior para garantir a entrada segura do alumnado transportado que acode ao centro sen as súas familias e deben ser incorporados/as ás filas de entrada o antes posible e en condicións de seguridade.
As familias poden empregar as outras portas para acceder ao centro.Pregamos comprensión ante esta medida excepcional que busca a protección do alumnado transportado.
Queremos aproveitar para felicitar ao noso alumnado e as súas familias pola implicación e colaboración no cumprimento das normas que esta nova situación require.