Skip to Content

Axudas libros de texto curso 2017/2018

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2017

(Orde do 16 de maio de 2017; DOG, 22 de maio de 2017)

1.- TIPOS DE AXUDAS

1.a.) Fondo solidario de libros de texto:

-Poderá solicitala todo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria independentemente da renda que teñan.

Os libros adxudicaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Esgotados os libros dispoñibles no fondo, o Centro garantirá a entrega de 6 libros de texto ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€ e 4 libros aos que teñan una renda superior a 5.400€ e inferior a 9.000€, se están catalogados e á venda.

1.b.)- Adquisición de libros de texto para 1º e 2º de primaria:

- Para o alumnado con renda per cápita familiar inferior a 5.400€ a axuda será de 170€.

- Para o alumnado con renda per  cápita familiar superior a 5.400€ e inferior a 9.000€ a axuda será de 90€.

1.c.).- Adquisición de material escolar:

- Poderá solicitalo todo o alumnado de primaria con renda per cápita inferior a 5.400€. A axuda será de 50€.

PARA OPTAR A CALQUERA DESTAS AXUDAS, É IMPRESCINDIBLE TER DEVOLTO OS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO OU OS MERCADOS COAS AXUDAS DO CURSO 2016/17 (agás os textos de 1º e 2º de Primaria), INCLUÍDO O MATERIAL REUTILIZABLE ADQUIRIDO COAS AXUDAS.

 

2. SOLICITUDES

2.1.- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo Centro docente.

2.2.- As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais, titores ou representantes legais.

2.3.-No caso de traslado de centro do alumnado:

-Se é antes da entrega dos libros: o centro de orixe marcará a solicitude como trasladada e a persoa interesada solicitará a alta no centro de destino.

- Se é despois da entrega dos libros: actuarase igual, logo da devolución dos libros recibidos no centro de orixe.

2.4.- As persoas que desexen optar ás axudas deberán presentar a solicitude en formato papel (anexo I) preferentemente  no centro docente no que estea matriculado o alumno/a, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro .

2.5.- As solicitudes poderán obterse no centro, descargarse na súa páxina web, na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es; no portal educativo: http://www.edu.xunta.es e nas dependencias da xefatura territorial da Consellería de Educación e O.U.

2.6.- A solicitude deberá ser asinada polo pai, nai ou titor/a do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos esixidos nela, que son certos os datos indicados e que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros e o material reutilizable.

2.7.-Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de maio ao 23 de xuño (este incluído).

 

3. DOCUMENTACIÓN

a) Identidade: Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

b) Libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar e copia do mesmo.

No suposto de non ter libro de familia ou  se a situación familiar, a dia 31 de decembro de 2015 non coincidise coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación que acredite os membros da unidade familiar, tales como: sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso,  convenio regulador onde conste a custodia do alumno; certificado ou volante de convivencia; informe dos servizos sociais que acredite a situación familiar.

c) Grao de discapacidade de calquera membro da unidade familiar: achegarase certificado acreditativo, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.

d) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo, ou inutilidade, cando non autorice a consulta telemática.

e) Renda familiar: No caso de non autorizar a consulta telemática, achegarán copia da declaración da renda do ano 2015 ou, a falta desta, certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante.

f) No caso de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

g) Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

h) Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento, ou do certificado do centro de menores.

i)  Copia do Padrón no que se vexa reflectida a unidade familiar a 31 de decembro de 2015. (Art. 16.3.- O centro deberá requirir ás persoas interesadas que aclaren a documentación ou acheguen outra complementaria necesaria para constatar que concorren os requisitos da orde).

 

4.- ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA

4.1.- Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno/a, presentarase orixinal e copia da documentación. No caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentar orixinal ou copia debidamente compulsada.

4.2.- A documentación debe reflectir a situación persoal, económica e familiar a 31 de decembro de 2015.

4.3.- Ademais do material escolar habitual, teñen tal consideración os caderniños das distintas materias (“Activity  Book” de Inglés, caderniño de Música, diccionarios,…).

4.4.- Cálculo da renda per cápita

Na declaración da renda do 2015, sumaranse os recadros 380 (base impoñible xeral) e 395 (base impoñible do aforro) de todos os membros da familia que obteñan ingresos e dividirase o resultado polo número de membros da familia; cando non a presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2015.

4.5.- Determinación da unidade familiar

Forman a unidade familiar:

- Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

- Os fillos/as menores de idade.

- Os fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Os fillos/as solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.

- A persoa separada legalmente ou divorciada cando teña custodia compartida.

- A persoa que por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar   coa persoa proxenitora do alumno/a.

- No caso de non existir vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai, a nai e os fillos que vivan con eles e que reúnan os requisitos dos puntos anteriores.

4.6.- Obrigas dos beneficiarios

- Conservar en bo estado os libros de texto adquiridos e incorporalos ao remate do curso a un fondo solidario (banco de libros) que permita a súa reutilización nos seguintes cursos.

-Devolver os libros de texto e material reutilizable adquirido coas axudas de libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2016/17.

- Destinar o vale para adquirir os libros que indique o Centro.

- Destinar o importe do vale para adquirir o material escolar necesario e indicado polo centro.

5.- PRAZOS

·                                        -Devolución de libros de texto do fondo solidario na correspondente titoría: antes do 19 de xuño.

·                                        - Publicación das listas provisionais de beneficiarios: 30 de xuño.

·                                        - Prazo de reclamación ás listas provisionais: 3 e 4 de xullo.

·                                        -  Publicación das listas definitivas: 5 de xullo.

·                                      - Entrega dos vales para axuda de compra de libros (1º e 2º de Primaria) e de material escolar (1º a 6º de Primaria) poderán elixir entre as seguintes datas de recollida:

-  6 e 7 de xullo: de 10:00 a 12:00 h.

-  1 de setembro: de 10:00 a 12:00 h.

·         Entrega dos libros adxudicados no fondo solidario (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria): 8 de setembro nas aulas correspondentes, en horario de 12:00 a 13:00 h.

 

*Estes prazos poderían variar dependendo do funcionamento das aplicacións informáticas da Consellería. As posibles modificacións serían anunciadas na páxina web do Centro : www.edu.xunta.gal/centros/ceipmariapita/

*Esta información tamén é válida para o alumnado de 6º curso, que deberá entregar a solicitude no centro no que estea admitido para cursar 1º de ESO o vindeiro ano académico 2017-18.

             SOLICITUDE

 
AdxuntoTamaño
anexo_i_-_ed330b_-_solicitude_1.pdf2.2 MB


paxina | by Dr. Radut