Secretaría
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Enviado por arsenionunez o Mér, 23/10/2024 - 06:29LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
Enviado por macarui o Mér, 15/06/2022 - 11:37Estimadas familias,
no documento adxunto está a listaxe completa de libros de texto para o vindeiro curso 2024-25.
O Equipo Directivo
SECRETARÍA
Enviado por arsenionunez o Lun, 15/01/2007 - 18:36FUNCIONAMENTO
Horario
O horario do centro é o seguinte de 9 h a 14 h.
De setembro a xuño o profesorado adicará os martes de 16:30 h a 19:30 h como tempo de dedicación ó centro.
Dentro da acción titorial o horario de atención ós pais-nais dos alumn@s será tódolos martes do ano de 17:00 a 18:00 h.
Ademais destas xuntanzas, a comunicación coas familias será cada trimestre cun boletín de notas do alumn@ que deberá ser devolto ó colexio firmado pola nai, pai ou titor de cada nen@.
Atención á diversidade.
Coordinado polo departamento de orientación préstase atención @s nen@s que precisen unha atención educativa especial. Para máis información DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.
Gratuidade de libros de texto.
O noso centro acolleuse ó programa de gratuidade de libros de texto para alumnos de primaria. Deste xeito os libros usaranse durante un período de 4 anos, ó término deste tempo renovaranse.
As familias son informadas do programa, e no momento en que se acollen a el, teñen que acepta-las condicións, que se lle explicarán nunha reunión que se celebrará previa cita.
Regulamento de Réxime Interior.
Con este documento fíxanse as normas básicas de funcionamento e de convivencia do centro.
O Centro pon a disposición da calquera membro da comunidade escolar un exemplar para que se poida consultar.
No presente curso faremos unha proposta de modificación do noso regulamento, no que se fan as modificacións oportunas para adaptarnos á normativa actual.
Plan de autoprotección.
No curso 2005-06 renovouse o plan de autoprotección. Colocaronse carteis indicativos para lograr unha evacuación rápida e eficaz do centro.
Asi mesmo, cada ano levarase a cabo un simulacro de evacuación.