Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
9
| 10
Start: 10/01/2017 09:31
A nosa biblioteca, principais recursos e servizos á comunidade educativa A nosa biblioteca conta cun espazo físico de aproximadamente 120m², cunha distribución flexible, o cal facilita a realización de actividades con grupos numerosos. Ao longo do curso a biblioteca é aproveitada para realizar actividades moi diversas: conta-contos, xincana literaria, exposicións, proxeccións relacionadas cos proxectos de traballo…, tendo a posibilidade de traballar con máis dunha titoría ao mesmo tempo. Procuramos ademais que a distribución dos espazos permita liberdade de movemento e o fácil acceso aos diferentes materiais. Para axudarnos nesta labor, todos os recunchos están sinalizados coas etiquetas correspondentes. As zonas que están funcionando actualmente son as seguintes: 1. Zona de información e atención ao usuario onde contamos con 2 ordenadores co programa Meiga para xestionar o préstamo e outras accións de organización como son o rexistro e a catalogación. Nesta zona contamos actualmente cunha impresora-scaner de alta definición e dous lectores ópticos, o cal axiliza moitísimo as labores de xestión, e as tarefas de préstamo e devolución na hora do recreo. 2. Zona de traballo con mesas axeitadas para o traballo en grupo e próxima a sección de bibliografía basicamente de consulta. 3. Zona de lectura relaxada nela realízanse actividades individuais de lectura e contamos con dúas zonas diferenciadas, unha para os niveis infantís e outra para nen@s de idade máis avanzada. 4. Zona de publicacións periódicas. As revistas, diarios e outras publicacións están colocadas en andeis que permitan unha fácil consulta. 5. Zona de informática e audiovisuais na que contamos con varios ordenadores con conexión a internet para uso dos rapaces e rapazas, con canón e pantalla conectados cun dos ordenadores, os cales facilitan as actividades de presentacións, proxeccións… así como a existencia de altofalantes fixos que favorecen a boa calidade do son. Neste recuncho contamos tamén con fondos de temas culturais, documentais, películas… e outros recursos. 6. Zona de usos múltiples na que se realizan as actividades de animación á lectura, expresión dramática. Coa ampliación da biblioteca contamos co espazo suficiente e as condicións precisas para o desenvolvemento de ditas actividades. 7. Zona de novidades con expositores axeitados para a colocación das novidades de xeito que queden visibles as portadas. Nesta zona tamén nos atopamos cunha caixa de correo na que habitualmente deixan suxestións de bibliografía, actividades e cartas a Piquín (a nosa mascota). 8. Zona de xogos con mesas, cadeiras e andeis axeitados para o xogo de xadrez. Contamos con diversos taboleiros e lotes de xogo. O contar cun espazo amplo e diversificado, permite ademais a súa utilización para reunións do profesorado: coordinacións, avaliacións, claustros… logrando así un achegamento dos mestres e mestras á biblioteca, tanto ao espazo como aos recursos existentes e novidades. Na continua ampliación e renovación de fondos apostamos por materiais con calidade no contido, formato e presentación, esencialmente atractivos e axeitados ás diferentes idades do noso alumnado. Tamén temos en conta as suxestións e intereses tanto de alumnado como de profesorado, logrando manter a biblioteca ao longo do curso como lugar pracenteiro onde o alumnado acude de xeito moi regular. Investimos naquelas seccións que consideramos máis necesitadas no momento, tanto de consulta como literarias, tentando equilibrar basicamente entre o galego e castelán. Pretendemos que a nosa biblioteca escolar sexa un espazo dinámico de recursos ao servizo da comunidade escolar, plenamente integrado nos proxectos educativo e curricular do centro e que fomente métodos activos de ensinanza e aprendizaxe. A biblioteca é o “lugar” idóneo para que o alumnado aprenda a utilizar os recursos que a sociedade da información pon ao seu alcance, adquira estratexias de busca e interpretación da mesma e se converta no protagonista do proceso de ensinaza-aprendizaxe. Un dos obxectivos principais da biblioteca escolar é a formación de lectores polivalentes capaces de comprender e expresarse en calquera linguaxe (escrito, cinematográfico, musical, plástico...), que teñan a posibilidade de aprender por si mesmos calquera cousa que lles interese e de acceder a calquera ámbito da cultura que poida formar globalmente a súa personalidade. | 11
| 12
| 13
| 14
| 15
|