Dinamización lingüística
DIA DO MEDIO AMBIENTE. OBRADIOROS DE RECICLAXE CO IES XERMAN ANCOCHEA
Enviado por maria o Mér, 08/06/2022 - 09:17RECICLAMOS COS ALUMNOS DO IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO
DIA DO MEDIOAMBIENTE
O martes 7 de Xuño os cursos de 6º de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria viviron unha experienxcia de reciclaxe compartida cos alumnos/as de 3º e 4º da ESO.
Comezamos a xornada vendo un vídio sobre a reciclaxe e a contaminación.
Deseguido comezamos os abradoiros, que fomos rotando por grupos:
1. Obradoiro de reciclaxe: Onde os alumnos puxeron en marcha a súa creatividade, con tapóns, botellas ... e outros materiais reciclados fixeron cousas moi bonitas.
2. Obradoiro de chapas. Cada alumno/a decorou a súa chapa relacionada co coidado do planeta.
3. Obradoiro dos experimentos. O mestre de química do IES explicounos uns experimentos moi chulos que os alumnos puideron levar a cabo.
Dende o Colexio queremos dar as grazas ao IES Xermán Ancochea pola súa colaboración e organización.
Foi un día espectacular para os nenos e nenas.
Aquí deixamos todas as fotos e videos destes día.
Día do medioambiente
Enviado por maria o Lun, 06/06/2022 - 21:56DIA DO MEDIOAMBIENTE
5 DE XUÑO
COIDAMOS O NOSO MONTE
Hoxe 6 de xuño gozamos de unha xornada escolar magnifica adicada ao día do medioambiente e en concreto ao coidado e protección dos nosos montes.Comezamos a xornada coas expliccións de Jose (xabarís) o pai de un alumno do cole que é axente forestal.
Jose concenciounos da importancia de coidar o noso monte e protexer o que nos ofrece para poder seguir disfutando del e aprobeitando todas as cousas que nos aporta como os cogoumelos, froitos secos, madeira... falounos da importancia do monte para a vida das persoas e dos animais e deunos consellos de como debemos de coidar e protexer a nosa contorna.
O mellor estaba fora, no patio, alí estaban esperándonos 3 coches das brigadas que loitan contra os incendios e un coche de bomberos. Puidemos subir aos coches, tocar a bocina, facer soar a alarma ...
Aprendimos a manexar os pallastros, a mangueira... coa que as brigadas fan frente ao lume.
Todas as imaxes desta xornada estan no blog da biblioteca de Tololeo. Acede picando na imaxe.
Foi un dia magnifico!!
LETRAS GALEGAS 2022
Enviado por maria o Lun, 30/05/2022 - 12:29LETRAS GALEGAS 2022
Na semana das letras galegas levaronse a cabo moitas actividades no cole apara conmemorar a Florencio Delgado Guirriaran.
As nenas e nenos de 3º elaboraron uns poemas de Florencio " AS 10 COUSAS DE VALDEORRAS"
E o alumando de 5º elaborou un moral sobre o escritor homenaxeado.
Picade na imaxe e poderedes ver os traballos dos alumnos e alumnas.
RADIO PINGUEIRA. PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO
Enviado por maria o Lun, 30/05/2022 - 12:25RADIO PINGUEIRA
CAMIÑO PRIMITIVO
ALUMNADO DE 4º
O alumnado de 4º estivo en Radio Pingueira para falarnos dos fantasticos lugares polos que pasa o camiño primitivo.
RADIO PINGUEIRA. PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO
Enviado por maria o Mér, 25/05/2022 - 10:52RADIO PINGUEIRA
O CAMIÑO INGLÉS
As nenas e nenos de 1º e 2º estiveron en radio Pingueira para falarnos do camiño inglés.
Uxía e Eric entrevistan auns peregrinos que están a falcer o camiño de Santiago.
LETRAS GALEGAS 2022. PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO. O CAMIÑO DAS LETRAS
Enviado por maria o Lun, 23/05/2022 - 10:57SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022
O CAMIÑO DAS LETRAS
Rematamos a semana das LETRAS GALEGAS con unha andaina percorrendo O CAMIÑO DAS LETRAS.
Organizaronse tres roteiros diferentes segun a idade dos nenos e nenas en colaboracion co concello.
Os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º percorreron o camiño das letras facendo un roteiro polo pobo cheo de cunchas con actividades lúdicas. Rematamos o percorrido en Santa Leonor onde visitaron o museo da escola da infancia e disfrutaron dun divertido contacontos realizado polas mestras do cole e traballadoras do concello.
O alumnado de 4º, 5º e 6º fixo un roteiro mais longo, dende o centro ata a PONTE BIBEI, percorrendo un camiño cheo de lecturas de FLorencio e unha obra de teatro na fraga representado polo alumnado de 6º sobre o camiño de Santiago.
Pola tarde tivemos unha xornada de música e baile galego organizada pola ANPA, onde a banda de música OS TRINTA nos ensinou moitas cousas sobre a musica galega.
Visitade a paxina de Tololeo, o blog de biblioteca, ali podedes ver todas as imaxes e videos sobre este dia.
https://tololeotrives.blogspot.com/2022/05/dia-letras-galegas-proxecto-camino-de.html
PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO. RADIO PINGUEIRA
Enviado por maria o Lun, 23/05/2022 - 10:53PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO
RADIO PINGUEIRA
MÚSICA NO CAMIÑO
HOXE EN RADIO PINGUEIRA ESCOITASE AS ESTRELAS DO CAMIÑO
LETRAS GALEGAS
Enviado por maria o Xov, 19/05/2022 - 07:17LETRAS GALEGAS 2022
O CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso canta e baila polo día das letras galegas.
RADIO PINGUEIRA. PROXETO CAMIÑO DE SANTIAGO
Enviado por maria o Mér, 18/05/2022 - 12:53RADIO PINGUEIRA
MUSICA NO CAMIÑO
Dende hoxe en RADIO PINGUEIRA transmitiremos nos patios musica do camiño de santigo.
A primeira en soar foi
MARTIÑO PEREGRÍN
UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA
RADIO PINGUEIRA. LETRAS GALEGAS 2022. OS MAIOS. 6º ED. INFANTIL
Enviado por maria o Mér, 18/05/2022 - 12:48LETRAS GALEGAS 2022
OS MAIOS
ALUMNADO DE 6º ED. INFANTIL
As poetisas e os poetas da clase de 5 anos recitaron o poemas OS MAIOS de FLORENCIO DELGADO GUIRRIARAN
ESCOITADE.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »