LETRAS GALEGAS 2022. PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO. O CAMIÑO DAS LETRAS
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022
O CAMIÑO DAS LETRAS
Rematamos a semana das LETRAS GALEGAS con unha andaina percorrendo O CAMIÑO DAS LETRAS.
Organizaronse tres roteiros diferentes segun a idade dos nenos e nenas en colaboracion co concello.
Os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º percorreron o camiño das letras facendo un roteiro polo pobo cheo de cunchas con actividades lúdicas. Rematamos o percorrido en Santa Leonor onde visitaron o museo da escola da infancia e disfrutaron dun divertido contacontos realizado polas mestras do cole e traballadoras do concello.
O alumnado de 4º, 5º e 6º fixo un roteiro mais longo, dende o centro ata a PONTE BIBEI, percorrendo un camiño cheo de lecturas de FLorencio e unha obra de teatro na fraga representado polo alumnado de 6º sobre o camiño de Santiago.
Pola tarde tivemos unha xornada de música e baile galego organizada pola ANPA, onde a banda de música OS TRINTA nos ensinou moitas cousas sobre a musica galega.
Visitade a paxina de Tololeo, o blog de biblioteca, ali podedes ver todas as imaxes e videos sobre este dia.
https://tololeotrives.blogspot.com/2022/05/dia-letras-galegas-proxecto-camino-de.html