Radio Pingueira. Camiño inglés. 2º parte

RADIO PINGUEIRA

O CAMIÑO INGLÉS ( 2ª parte)

Os peregrinos de 1º e 2º redactannos o ultimo traxecto do camiño, a chegada a Santiago.

DIA DO MEDIOAMBIENTE. 4º, 5º E 6º RECICLA DO IES XERMAN ANCOCHEA

O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º FESTEXOU O DIA DO MEDIOA AMBIENTE CO IES

O luns 13 de xuño os maiores do cole tiveron unha xornada no IES con obradoiros de reciclaxe, chapas e experimentos no laboratorio para festexar o día do medioambiemte.

Unha actividade organizada polos equipos de biblioteca de ambos centros e a Coordinadora de Dinamización lingüística do CEIP

Tamén puideron disfrutar de un chocolate con churros na merenda.

pica na imaxe para ver as imaxes

DIA DO MEDIO AMBIENTE. OBRADIOROS DE RECICLAXE CO IES XERMAN ANCOCHEA

RECICLAMOS COS ALUMNOS DO IES XERMÁN ANCOCHEA QUEVEDO

DIA DO MEDIOAMBIENTE

 O martes 7 de Xuño os cursos de 6º de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de primaria viviron unha experienxcia de reciclaxe compartida cos alumnos/as de 3º e 4º da ESO.

Comezamos a xornada vendo un vídio sobre a reciclaxe e a contaminación.

Deseguido comezamos os abradoiros, que fomos rotando por grupos:

1. Obradoiro de reciclaxe: Onde os alumnos puxeron en marcha a súa creatividade, con tapóns, botellas ... e outros materiais reciclados fixeron cousas moi bonitas.

         

2. Obradoiro de chapas. Cada alumno/a decorou a súa chapa relacionada co coidado do planeta.

 

        

3. Obradoiro dos experimentos. O mestre de química do IES explicounos uns experimentos moi chulos que os alumnos puideron levar a cabo.

       

Dende o Colexio queremos dar as grazas ao IES Xermán Ancochea  pola súa colaboración e organización.

Foi un día espectacular para os nenos e nenas.

Aquí deixamos todas as fotos e videos destes día.

 

Día do medioambiente

DIA DO MEDIOAMBIENTE

5 DE XUÑO

COIDAMOS O NOSO MONTE

Hoxe 6 de xuño gozamos de unha xornada escolar magnifica adicada ao día do medioambiente e en concreto ao coidado e protección dos nosos montes.Comezamos a xornada coas expliccións de Jose (xabarís) o pai de un alumno do cole que é axente forestal.

Jose concenciounos da importancia de coidar o noso monte e protexer o que nos ofrece para poder seguir disfutando del e aprobeitando todas as cousas que nos aporta como os cogoumelos, froitos secos, madeira... falounos da importancia do monte para a vida das persoas e dos animais e deunos consellos de como debemos de coidar e protexer a nosa contorna.

O mellor estaba fora, no patio, alí estaban esperándonos 3 coches das brigadas que loitan contra os incendios e un coche de bomberos. Puidemos subir aos coches, tocar a bocina, facer soar a alarma ...

Aprendimos a manexar os pallastros,  a mangueira... coa que as brigadas fan frente ao lume. 

                                                           

                                                                                             

   

Todas as imaxes desta xornada estan no blog  da biblioteca de Tololeo. Acede picando na imaxe.

 

 

Foi un dia magnifico!!

LETRAS GALEGAS 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Na semana das letras galegas levaronse a cabo moitas actividades no cole apara conmemorar a Florencio Delgado Guirriaran.

As nenas e nenos de 3º elaboraron uns poemas de Florencio " AS 10 COUSAS DE VALDEORRAS"

E o alumando de 5º elaborou un moral sobre o escritor homenaxeado.

Picade na imaxe e poderedes ver os traballos dos alumnos e alumnas. 

RADIO PINGUEIRA. PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO

RADIO PINGUEIRA

CAMIÑO PRIMITIVO

ALUMNADO DE 4º

O alumnado de 4º estivo en Radio Pingueira para falarnos dos fantasticos lugares polos que pasa o camiño primitivo.

 

 

RADIO PINGUEIRA. PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO

RADIO PINGUEIRA

O CAMIÑO INGLÉS

As nenas e nenos de 1º e 2º estiveron en radio Pingueira para falarnos do camiño inglés.

Uxía e Eric entrevistan auns peregrinos que están a falcer o camiño de Santiago.


Fondo libros 2022/23

XA ESTAN  DISPOÑIBLES AS AXUDAS E CHEQUES DE LIBROS

LETRAS GALEGAS 2022. PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO. O CAMIÑO DAS LETRAS

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O CAMIÑO DAS LETRAS

Rematamos a semana das LETRAS GALEGAS con unha andaina percorrendo O CAMIÑO DAS LETRAS.

Organizaronse tres roteiros diferentes segun a idade dos nenos e nenas en colaboracion co concello.

 

Os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º percorreron o camiño das letras facendo un roteiro polo pobo cheo de cunchas con actividades lúdicas. Rematamos o percorrido en Santa Leonor onde visitaron o museo da escola da infancia e disfrutaron dun divertido contacontos realizado polas mestras do cole e traballadoras do concello. 

 

O alumnado de 4º, 5º e 6º fixo un roteiro mais longo, dende o centro ata a PONTE BIBEI, percorrendo un camiño cheo de lecturas de FLorencio e unha obra de teatro na fraga representado polo alumnado de 6º sobre o camiño de Santiago.

Pola tarde tivemos unha xornada de música e baile galego organizada pola ANPA, onde a banda de música OS TRINTA nos ensinou moitas cousas sobre a musica galega.

Visitade a paxina de Tololeo, o blog de biblioteca, ali podedes ver todas as imaxes e videos sobre este dia. 

https://tololeotrives.blogspot.com/2022/05/dia-letras-galegas-proxecto-camino-de.html

PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO. RADIO PINGUEIRA

PROXECTO CAMIÑO DE SANTIAGO

RADIO PINGUEIRA

MÚSICA NO CAMIÑO

HOXE EN RADIO PINGUEIRA ESCOITASE AS ESTRELAS DO CAMIÑO

Distribuir contido