No presente curso escolar o Equipo da Biblioteca do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense crea este blog para dar a coñecer entre a comunidade educativa as actividades realizadas desde a Biblioteca do Centro ou relacionadas con ela. Ademais, pretendemos dinamizar este espazo para convertelo no eixe vertebrador das actividades do colexio.
Este curso empezaremos por converter a biblioteca nun espazo máis acolledor donde levar a cabo as actividades que vos iremos mostrando e actualizar os fondos para volvelos máis atractivos á nosa comunidade educativa.
Máis abaixo atoparedes algúns artigos previamente publicados en relación coa biblioteca.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer