Celebramos a semana da prensa na escola con distintas actividades na aula. Os máis cativos do cole enfocaron a actividade cara o lado máis lúdico e creativo. Os máis maiores estudaron as diferentes seccións do xornal, as partes dunha noticia, etc.
O alumnado de 4º de Infantil coas súas creacións.
O alumnado de 5º e 6º de Infantil escribiu bonitas palabras coas letras dos xornais.
O alumnado do primeiro ciclo formando frases coas palabras recortadas do xornal.
O alumnado de 3º e 4º xa sabe cales son as partes dunha noticia.
O alumnado de 5º de primaria leu o xornal "online" .
Os alumnos e alumnas de sexto moi concentrados nas súas actividades.
Na BilioAcuña celebramos o día de Rosalía co recitado dos seus versos por parte do alumnado máis maior do centro, acompañados á guitarra polo profe de música.
Os máis cativos fixeron uns bonitos murais:
Dende BiblioAcuña quixemos saber máis sobre a festa do entroido, tan típica da nosa provincia. O alumnado de quinto e sexto investigou sobre o entroido, especialmente o de Laza, Xinzo e Verín. O resto do alumnado fixoo sobre comidas e sobremesas deste tempo. A seguir podedes ver o resultado dos seus traballos:
Pinchade nos enlaces.
Vídeos sobre comidas e sobremesas típicas do entroido:
Na BiblioAcuña celebramos o día da Paz partindo da idea de que temos que empezar a construila dende a nosa contorna máis próxima. Nos días previos ao 30 de xaneiro cada alumna/o escribiu unha palabra ou frase nunha pluma. Con todas as plumas formáronse as ás da nosa pomba da Paz.
Outros alumnos tamén nos presentaron os seus traballos sobre a Paz como se pode ver nos seguintes vídeos:
E terminamos cantando a canción "Danza da Paz" de Mamá Cabra.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer