Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Reunión informativa familias 3 anos

Xornadas de exhibición polos creativos

O pasado día 2 unha pequena representación do alumnado de 5º e 4º de Educación Primaria tivo a oportunidade de expor o seu traballo sobre os castelos elaborado co material de Polos Creativos.

O reto lanzado pola Consellería consistía en empregar material de refugallo e o material de polos creativos. O alumnado de 6º de Educación Infantil, 1º de Educación Primaria e 5º de Educación Primaria aproveitaron os envases de iogur consumidos no comedor escolar para elaborar maquetas relacionadas co noso proxecto “Érase unha vez un castelo”.

O alumnado de 5º incorporoulle interactividade as súas maquetas mediante placas Tecla a Tecla (Makey Makey) e placas Microbit con motor.

Aínda que non gañamos ningún premio, a Consellería considerou que o noso traballo merecía ser exposto. Pola nosa participación recibimos un agasallo para o noso polo creativo, unha tableta.

A prensa fíxose tamén eco do noso proxecto.

Premendo aquí podedes ver a intervención na televisión e premendo aquí podedes escoitarnos na radio.

Se queredes ver o vídeo completo do noso reto podedes velo nesta entrada da páxina web ou ler o folleto que atopades a continuación.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Exhibición Polos Creativos

Menú de xuño.

Fai clic na imaxe para poder ver o menú para o mes de xuño. 

Reto Polos Creativos

O noso centro participou no reto de Polos Creativos lanzado pola Consellería de Educación. Aínda que non resultamos premiados, fomos seleccionados para mostrar o noso traballo o próximo 2 de xuño en Santiago de Compostela.

Aquí podedes ver o traballo que realizamos.

  

Fondo libros curso 2023-2024

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 19 de maio ao 21 de xuño do 2023

 

BENEFICIARIOS: Alumnado de Educación primaria matriculado no curso 2023 /2024 en centros sostidos con fondos públicos.

 

MODALIDADES:

  • Libros de texto: Alumnado de 1º, 2º (vales), 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria (fondo libros) e alumnado de Educación Especial.  
  • Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude segundo o Anexo I e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Para poder optar ás axudas, é condición indispensable ter devoltos todos os libros prestados do Fondo Solidario do curso anterior.

 

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS 

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente: 

Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2021.

 

PRESENTACIÓN:

  • Preferiblemente de forma telemática na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

  •  No propio centro en horario de atención de secretaría.

Escola de Nais e Pais

Construindo castelos!

O alumnado de 6º de Educación infantil estivo creando os seus propios castelos na aula de polos creativos. 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Construindo castelos en polos creativos

Excursión ao porto de Vigo.

Dentro do programa Aliméntate Ben e o subprograma Ti si que es un bo peixe, o alumnado de 3º e 4º de primaria gozou dunha excursión ao porto de Vigo, para coñecer de onde procede o peixe que comemos.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Excursión a Vigo

Admisión novo alumnado

Infórmase que todo o alumnado de nova matrícula que solicitou praza neste centro no período ordinario foi admitido.

A listaxe definitiva de admitidos pódese consultar no taboleiro de anuncios que se atopa na entrada do centro.

O prazo de formalización de matrícula para entrega de documentación pendente abrangue do 20 ao 30 de xuño.

En breve porémonos en contacto coas familias do alumnado de 3 anos para convocalos a unha reunión informativa.

 

Obradoiro: fai clic ao teu bocata!

O alumnado do centro gozou no día de hoxe dun obradoiro sobre a alimentación saudable. Así mesmo, cada alumno e alumna puido facer o seu propio bocata. 

Pulsade na imaxe para ver todas as fotos. 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Obradoiro: fai clic ao teu bocata
Distribuir contido


by Dr. Radut