Estamos nas redes sociais!
Fondo Solidario de libros de texto e axudas adquisición libros e material
A quen vai dirixido?
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP e EE.
Prazo
Dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 no centro escolar ou mediante a sede electrónica.
Documentación necesaria:
- Solicitude unha soa por familia e por centro (Anexo I)
- Anexo II.
- Copia de todo o libro de familia.
- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial /ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Para poder optar ás axudas, é condición indispensable ter devoltos todos os libros prestados do Fondo Solidario do curso anterior.
Anexo | Tamaño |
---|---|
anexoI.pdf | 1.61 MB |
anexoII.pdf | 990.25 KB |
anunciog0598-020522-0001_gl.pdf | 1.11 MB |