Estamos nas redes sociais!
LETRAS GALEGAS: Florencio Delgado Gurriarán
O venres, 13 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas no cole, que este ano está adicado a Florencio Delgado Gurriarán.
O equipo de Dinamización da Lingua Galega presentou distintas actividades a desenvolver neste día. A titora de 6º de Primaria organizou unha "procura do tesouro sobre Florencio Gurriarán". O alumnado de 6º de Primaria elaborou unha pistas para atopar as pezas que compuñan o crebacabezas sobre Florencio. Unha actividade moi satisfactoria tanto para o participantes como para os organizadores desta pescuda. Así mesmo, convocouse un concurso de "memes sobre Florencio". A gañadora foi Carla de 4º de Primaria. Parabéns!!