As listaxes poden consultarse tanto na Sede Electrónica mediante a Chave 365 ou no taboleiro do centro.
*Pola Lei de Protección de Datos, non podemos dar ningunha información por teléfono das listaxes.
Publicación da listaxe provisional de beneficiarios: 30 de xuño
Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 1- 4 de xullo
Publicación das listaxes definitivas: 5 de xullo
Entrega de vales: do 6 - 7- 8 de xullo de 9 a 14 horas.
(Os vales tamén poderán ser recollidos no mes de setembro)
Entrega dos libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º de EP: nos primeiros días de setembro, coincidindo coa entrega dos libros de préstamo da ANPA (data a determinar).
No mes de setembro publicaranse na web as listaxes de material.
A listaxe de libros de texto para o curso 2022/23 podedes consultala no taboleiro do centro e nesta web.