INFORMACIÓN DA ANPA

ANPA: CURSO 2024/25 COMEDOR ESCOLAR

No blog da ANPA podedes consultar toda a información do comedor escolar para o curso 2024/25, á que podedes acceder premendo nesta imaxe:

O Concello de Oleiros achegounos información sobre as axudas para usuarios do comedor escolar para o curso que vén, que tamén podedes consultar premendo na imaxe:

Actividades de acollida para curso 2024/25

Dentro das actividades de acollida, desde o Departamento de Orientación do centro, convidámosvos ás reunións dirixidas a:
- Familias do alumnado que cursará 1º de Educación Primaria no curso 2024/25: mércores 26 de xuño ás 12:00 h. 
 
- Familias do alumnado que cursará 4º de Educación Infantil no curso 2024/25: xoves  27 de xuño ás 12:00 h.
 
 Lugarsala de Usos Múltiples do 1º andar do edificio de Primaria
( Dado os contidos a tratar nestas reunións, asistencia sen os rapaces a estas reunións) 

Aproveitamos para recordar ás familias de nova incorporación que o período de formalización da matrícula vai do 20 ao 30 de xuño de 2024 

 

Festa da ANPA 2024

Curso 2024/25

 

ABERTO PRAZO PARA AS SEGUINTES SOLICITUDES DO CURSO 2024/25

 
  • Solicitude praza de transporte escolar: do 10 ao 30 de xuño de 2024
  • Autorizados para a recollida no centro: do 10 ao 30 de xuño de 2024
  • Cambio de optativa (Relixión catolica / Proxecto Competencial /Atención Educativa-EI): ata o 15 de setembro, na secretaría do centro.

 

 

Asamblea ANPA

Información da ANPA do CEIP Luís Seoane
 
A ANPA do Ceip Luis Seoane informa da convocatoria da asamblea xeral que realizará no colexio:
Data:  luns 17 de Xuño 
Hora: ás 17:30 1ª convocatoria e 18:00 h 2ª convocatoria
Lugar: aula de Polos Creativos ( 1º andar do edificio de Primaria).
Enlace ao Blog da ANPA para ver a convocatoria:
 

 

XORNADA ACOLLEMENTO NOVO ALUMNADO 4º EDUCACIÓN INFANTIL

Un día de cole!!!

Dentro da programación de actividades que dende o centro realizamos para acoller ao alumnado que inicia a escolaridade no 2º Ciclo de Educación infantil, convidámosvos a visitarnos nun día de cole ”.

Teremos unha xornada de convivencia xunto co alumnado que se despide da educación infantil. Faremos actividades de relación, coñeceremos espazos, xogaremos...

Terá lugar próximo xoves, día 13 de xuño en horario de 12:15h. a 13:15h. Seredes recibidos na entrada principal do colexio.

Cada nen@ deberá vir acompañado dun adulto de referencia, que sexa importante para el (pai, nai, avó, avoa, persoa que o coida...). Esta persoa permanecerá durante todo o tempo. Rogamos a vosa colaboración para interferir o menos posible no desenvolvemento normal do resto de clases.

De seguro que a experiencia vai ser proveitosa e contribuirá a achegarnos un pouco máis si cabe.

Aproveitando a visita, podedes achegarvos á secretaría do centro (edificio primaria) e recoller os impresos para a formalización de matrícula.

Graciñas e unha forte aperta.

O equipo docente do CEIP Luís Seoane

 

 

 

 

ENKI

Esta semana realizaremos o proxecto ENKI (https://www.enkiproyecto.com/)no noso cole cun percorrido inclusivo e divertido:

        - mércores 29 de maio: 4º e 5º de Infantil (percorrido dentro do cole)

        - xoves 30 de maio: 6º de EI e 2º de EP (de 10:00h. A 11.15h.) ata a Capela de Santa Ana, polo paseo do Balcón de Maianca.

        - venres 31 de maio: 3º,4º, 5ºe 6º de EP (de 12.00 h. a 14:00 h.) desde o colexio, paseo do Balcón de Maianca, ata a praza Miramar.

     O alumnado poderá vir cun complemento de disfrace como perruca, capa...para facer deste día unha xornada divertida de convivencia.

 

Agradecemos moito o apoio de Froiz e especialmente a Vegalsa que amosou estar encantado de poder participar con nós neste percorrido inclusivo e colaborará aportando auga e froita para todos e repoñer forzas.

      Moitísimas grazas!

      (Actividade suxeita ás condicións meteorolóxicas)

 

Información da ANPA

Como cada ano a ANPA vai organizar unha festa de "Fin de Curso", será o día 20 de xuño de 2024 pola tarde. O alumnado deberá ir acompañado dun adulto, confirmar a asistencia e recoller a pulseira. Aquí deixamos a nota informativa. Apuntádevos!

 

As fotos grupais que fai a ANPA cada curso, este ano serán: o xoves 30 de 3º a 6º de EP; e o venres 31, Infantil, 1º e 2º de EP 

PARTICIPACIÓN FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

 

DESTINATARIOS

Axudas adquisición libros de texto

  • Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de educación primaria e  educación especial.

  • Fondo solidario de libro de textos: 3º e 4º de educación primaria.

  • O alumnado incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros ( 5º e 6º de EP)

Axudas adquisición material escolar

  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria (1ºEP a 6ºEP) e educación especial.

 

- O alumnado de 6ºEI que pase a 1º de EP, poderá solicitalo nos prazos indicados.
- O alumando de 6º EP que pase a 1º ESO, solicitará ditas axudas no IES no que formalice a matrícula.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño de 2024.
  • Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

  • Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes

  • formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/

Documentación:

- Solicitude (Anexo I)

- Anexo II ( (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

- Dependendo de cada situación persoal poderase aportar máis documentación.

Admisión curso 2024/25 Listaxes definitivas

Xa está publicada a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado ADMITIDO  para o curso 2024/25

 

As listaxes só se poden consultar no taboleiro de anuncios do colexio ou a través da  aplicación admisión alumnado coa Chave 365 ou DNI electrónico (Lei de Protección de datos).

 

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizala, o colexio poñerase en contacto telefónico coas familias no mes de xuño para concertar día e hora.

 

Estade moi pendentes á publicación de novas nesta páxina web as familias das nenas e nenos admitidos, polas actividades de acollida que desde o Departamento de Orientación se farán no mes de xuño.

 

 

Distribuir contido