COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Hoxe tivemos unha divertida clase de danza tradicional. Miguel, profe de baile da asociación O Son do Sor, ensinounos a bailar unha muiñeira e, aínda que ao principio a algún/ha se lle enredaron un pouco os pés, ao final conseguimos facer unha coreografía do máis xeitosa que seguiremos practicando ata poder bailala á perfección no Día das Letras Galegas.

 

 

 

Hoxe desfrutamos da actuación do coro do IES de Ortigueira.  Parabéns e moitísimas grazas a todas as rapazas e rapaces e ao seu profe de música por facernos pasar un ratiño tan agradable.

Distribuir contido