NOVAS

  • ENLACE AS CURTAMETRAXES DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: MULTICINES LEIRADO: APRENDIZAXE, CÁMARA, ACCIÓN
  • Prazos establecidos en relación co fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar: Publicación da listaxe provisional: martes 2 de xullo; reclamación á listaxe provisional: mércores e xoves 3 e 4 de xullo; publicación da listaxe definitiva: venres 5 de xullo; e entrega de cheques: martes e mércores 9 e 10 de xullo de 9:30 a 13:30 h.
  • Relación de libros de texto para o curso 2024-2025
  • Pautas para o alumnado que inicia a súa escolarización.
  • Pautas para o alumnado que se incorpora á educación secundaria obrigatoria.
  • Axudas para adquisición de libros e material escolar de educación infantil: prazo de presentación de solicitudes do 1 de xullo ao 31 de xullo de 2024. Máis información
  • Aberto o prazo de solicitude do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. O prazo de presentación de solicitudes rematará o día o 21 de xuño de 2024. Aconséllase a todas as familias solicitar o fondo solidario por se quedasen exemplares no centro. Achéganse os seguintes enlaces que poden ser do seu interese: información xeral, axuda para cubrir a solicitude, anexos I e II e normativa.
  • Publicadas as listaxes definitivas de admisión para o alumnado que solicitou  praza dentro do prazo establecido legalmente para o vindeiro curso 2024-25. Todo o alumnado que solicitou praza está admitido. Pódense consultar as listaxes no taboleiro interior do centro ou coa chave 365 no seguinte enlace  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.

  • Aberto ata o 13 de setembro o prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Poden atopar toda a información desta convocatoria en: ORIENTACIÓN LEIRADO 

  • Circular informativa de inicio de curso.

  • Comezo actividade lectiva: luns 11 de setembro.
  • PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN 4º de educación infantil:  do 11 ao 13 de setembro de 09,45 a 11,45 h; do 14 ao 15 de setembro de 09,45 a 13,00 h e a partires do 18 de setembro de 09,30 a 14,30 h.
  • Reunións iniciais coas familias:  mércores 6 de setembro ás 10,00 h reunión coas familias de 4º, 5º e 6º de educación infantil; mércores 6 de setembro ás 12,00 h reunión coas familias de 1º e 2º de educación primaria; xoves 7 de setembro ás 10,00 h reunión coas familias de 3º e 4º de educación primaria; e xoves 7 de setembro ás 12,00 h reunión coas familias de 5º e 6º de educación primaria.
  • HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O CURSO ESCOLAR PREVIA CITA DE SECRETARÍA, DIRECCIÓN E XERATURA DE ESTUDOS (previa cita): Luns, martes e venres dende as 09,40 ás 10,10.

SOMOS CENTRO E-DIXGAL

 

Neste curso escolar 2023-2024 o profesorado e alumnado de 5º e 6º de educación primaria desenvolverán novamente a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai a permitir acceder aos contidos dixitais. 

APRENDEMOS COOPERANDO E COOPERAMOS PARA APRENDER - APRENDIZAXE COOPERATIVA

Partindo da docencia por parte de relatores externos (Jose Ramón Lago, experto en AC da Universidade de VIC) e do asesoramento por parte das asesoras do CFR de Vigo, realizamos todo un proceso de implementación no centro dos diferentes ascpetos da Aprendizaxe Cooperativa e da integración das competencias clave na aprendizaxe do noso alumnado. 

Na aprendizaxe cooperativa o alumnado traballa en equipos de 3, 4 ou 5 alumnos/as, cunha finalidade didáctica, utilizando unha estruturación da actividade de xeito que se asegure a participación equitativa e se aproveite ó máximo a interacción simultánea entre eles cunha dobre finalidade:

  • que todos os membros dun equipo aprendan os contidos escolares.
  • que todos aprendan, ademais, a traballar en equipo.

Os ámbitos de intervención que se traballan dentro de cada grupo clase son sempre tres:

  • Cohesión de grupo:Actuacións dirixidas a cohesionar o grupo clase e preparalo para o traballo en equipo, a cooperación e a aprendizaxe.
  • Traballo en equipo como recurso:Actuacións dirixidas a utilizar o traballo en equipo para ensinar e aprender.
  • Traballo en equipo como contido: Actuacións dirixidas a traballar en equipo.

 

APRENDIZAXE POR PROXECTOS - MELLORANDO AS COMPETENCIAS CLAVE

 

Co obxectivo de lograr unha educación de calidade para todo o alumnado e desenvolver ao máximo posible as súas capacidades, dende hai uns cursos o centro está desenvolvendo un Proxecto documental integrado anual. Planificamos o proxecto en reunións conxuntas dos equipos docentes. Incluído na Programación Xeral Anual, abarca obxectivos da Biblioteca, do EDLG, do equipo TIC, de Actividades Complementarias, ademais de integrarse no currículo dos diferentes niveis.

Deseñamos tarefas integradas e actividades que distribuimos ao longo do curso.

A partir desta programación básica o profesorado selecciona estándares avaliables dos diferentes niveis de E. Infantil e Primaria, relacionados con tarefas a realizar e abarcando diferentes materias.

O presente curso escolar 2023-2024, o noso proxecto foi Multicines Leirado: aprendizaxe, cámara, acción!

Proxectos de cursos anteriores:

 

 

 

 
 
 

BIBLIOTECA DA ESCOLA

A biblioteca escolar está ao servizo da comunidade educativa, ofrecendo documentos en variados soportes, como apoio das distintas aprendizaxes e tamén da lectura de lecer. É lugar de traballo no desenvolvemento da actividade docente, con recursos actualizados e ordenadores con acceso a internet, lectores electrónicos, tablets, robots...

Os seus fondos móvense constantemente nos empréstitos ás aulas, empréstitos individuais e mochilas viaxeiras que circulan polas casas.

Arredor da Biblioteca organízanse actividades de contacontos, visitas de autores, fomento da lectura, formación de usuarios, educación documental... que conduzan ao alumando a ser lectores e lectoras competentes, tan necesario para desenvolverse na sociedade actual e para formarse como persoas.

A biblioteca dispón tamén dunha sección para as familias e horario de apertura polas tardes.

Dende o ano 2007 está integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación.

Aquí están algunhas das nosas actividades:

Participamos dentro dos seguintes proxectos: Voluntariado de lectura-A, Proxecto ELBE, Biblioteca CreativaBiblioteca Solidaria, Biblioteca Inclusiva e Plan Lía.

Audiovisual gravado con motivo da incorporación da nosa biblio no proxecto LÍA 2.  Está sendo todo un pracer participar nesta aventura!!! 

PLAN DE FOMENTO DE USO DO GALEGO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ten entre os seus obxectivos normalizar e potenciar o uso dalingua galega en todos os ámbitos da comunidade escolar, e recuperar e manter a tradición e a cultura galegas. A tal fin leva acabo numerosas actuacións ao longo do curso nas que se implica, sempre que sexa posible a todo o alumnado e profesorado. Aquí tendes algunhas destas actividades: 


SOMOS CENTRO PLURILINGÜE

O noso centro foi incluído na Rede de Centros Plurilingües de Galicia o pasado curso escolar 2022-2023. Pretendemos así mellorar a competencia comunicativa en linguas maternas e lingua estranxeira-inglés a través do tratamento integrado das linguas.

Ademais da área de lingua estranxeira-inglés, a materia de música tamén é impartida integramente en inglés para lograr ese obxectivo.

PROA+

Dende o curso escolar 2021-2022 o centro foi seleccionado para participar na iniciativa PROA+ co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá. Intentamos así favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional.

 

DEPARTAMETO DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación do centro ten como obxectivo adecuar a resposta educativa ás diferentes caracterísitcas e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais; tratando de contribuír á formación integral do noso alumnado; e tratando de asesorar e implicar a toda a Comunidade Educativa.

O presente curso escolar o Departamento de Orientación está formado por:

  • Begoña Muñoz, xefa do Departamento de Orientación.
  • Paula Souto, mestra especialista en Audición e Linguaxe.
  • Elvira Borines, mestra especialista en Audición e Linguaxe.
  • Yolanda López, mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica.
  • Andrea Garrido, mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica e de atención preferente ao alumnado con pluridiscapacidade.

Ademáis o Departamento conta coa colaboración dun auxiliar técnico educativo.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet