Partindo da docencia por parte de relatores externos (Jose Ramón Lago, director do Departamento de Psicoloxía da Facultade de Educación, Tradución e Ciencias Humanas da Universidade de Vic) e do asesoramento por parte das asesoras do CFR de Vigo, realizamos todo un proceso de implementación no centro dos diferentes ascpetos da Aprendizaxe Cooperativa e da integración das competencias clave na aprendizaxe do noso alumnado.
Na aprendizaxe cooperativa o alumnado traballa en equipos de 3, 4 ou 5 alumnos e alumnas, cunha finalidade didáctica, utilizando unha estruturación da actividade de xeito que se asegure a participación equitativa e se aproveite ó máximo a interacción simultánea entre eles cunha dobre finalidade: que todos os membros dun equipo aprendan os contidos escolares e que todos aprendan ademais a traballar en equipo.
Os ámbitos de intervención que se traballan dentro de cada grupo clase son sempre tres:cohesión de grupo(actuacións dirixidas a cohesionar o grupo clase e preparalo para o traballo en equipo, a cooperación e a aprendizaxe), traballo en equipo como recurso (actuacións dirixidas a utilizar o traballo en equipo para ensinar e aprender) e traballo en equipo como contido (actuacións dirixidas a traballar en equipo).