BIBLIOTECA

A biblioteca escolar está ao servizo da comunidade educativa, ofrecendo documentos en variados soportes, como apoio das distintas aprendizaxes e tamén da lectura de lecer. É lugar de traballo no desenvolvemento da actividade docente, con recursos actualizados e ordenadores con acceso a internet, lectores electrónicos, tablets, robots... Os seus fondos móvense constantemente nos empréstitos ás aulas, empréstitos individuais e mochilas viaxeiras que circulan polas casas.

Arredor da Biblioteca organízanse actividades de contacontos, visitas de autores, fomento da lectura, formación de usuarios, educación documental... que conducen ao alumando a ser lectores e lectoras competentes, tan necesario para desenvolverse na sociedade actual e para formarse como persoas.

A biblioteca dispón tamén dunha sección para as familias e horario de apertura polas tardes.

Dende o ano 2007 está integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación.

Aquí están algunhas das nosas actividades:

Participamos dentro dos seguintes proxectos: Voluntariado de lectura-A, Proxecto ELBE, Biblioteca CreativaBiblioteca Solidaria, Biblioteca Inclusiva, Club de lectura e Plan Lía 2

Powered by Drupal - Design by artinet