Blogues

ANPA: Importante Comedor

IMPORTANTE: Novas Directrices uso das Máscaras

Hoxe ás 14:22h a Consellería de Educación informa sobre as novas directrices no uso das máscaras nos entornos escolares. 

Ver directrices

Polo tanto dende o día de mañá, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro. 

Un cordial saúdo e grazas pola espera. 

Festa dos Maios

A festa dos Maios está a chegar e despois do éxito do curso pasado, queremos repetir e facer o noso Maio.

Charlando sobre o Galego, vida e obra con: David Amor 22/04 5º+6º

Mañá terremos unha visita de excepción no centro, visitaranos David Amor, virá a falar e a que o entrevisten os rapaces de 5º e 6º de Primaria sobre temas vencellados a cultura Galega, os deportes, as artes e a comedia. 

ANPA: Obradoiro para Familias: Crea o teu MINIMaio

Estimadas Familias, 

despois do éxito do Obradoiro de Arte Floral do 1º Trimestre vos convidámos a participar noutro moi parecido chamado, CREA o TEU MINIMAIO, onde familias e nenos/as poderán crear o seu propio MiniMaio nun taller de arte floral: 

RETO 8 da Credencial da Lingua: COPLAS DO MAIO

Estimadas familias;

Xa estamos ás portas do final do curso e lanzamos o reto do mes de maio. Parece cedo, pero , para facelo ben, hai que facelo en tempo!

Como este ano imos facer un MAIO no colexio, precisamos as COPLAS para cantar arredor do noso monumento!

Saída 26/04 3º+4ºEP MeteoGalicia + Museo Historia Natural

Estimadas Familias, o vindeiro Martes 26 de Abril o alumnado de 3º e 4º de Primaria irá a Santiago de Compostela co seguinte horario:

Campamento de Semana Santa 2022

II Maraton da Ciencia 1º+2º EP 26/03

Familias e alumnado de 1º e 2º de Primaria, estades convidadas a participar no II Maratón da ciencia que se celebrará o vindeiro 26 de Marzo en horario de mañá no centro.

Experimentos, xogos, matemáticas, física, química.....e muita "maxia" científica!!!!

Data Límite inscripción Mércores 23 Marzo

Distribuir contido