Reto 7 Credencial da Lingua: Día da Poesía

Estimadas familias; O 21 de marzo celebramos, entre outros, o DÍA DA POESÍA e lanzamos o seguinte reto que aúna poesía e xogo: retámosvos a que fagades un HAIKÚ ou un CALIGRAMA. Ámbolos dóus son formas de poesía que son coma xogos. Por un lado, o HAIKÚ é un poema de sólo 3 versos ( de 5, 7 e 5 sílabas respectivamente), e o CALIGRAMA é un poema escrito de forma que fai un debuxo relacionado coa temática do poema. Se buscades en internet podedes atopar moitos exemplos!.

A temática é libre e deberedes entregarllos en papel á titora antes do día 24 de marzo para gañar un novo carimbo na vosa Credencial da Lingua.

Ánimo e moitas grazas pola vosa participación! Equipos de Biblioteca e Dinamización do CEIP de Laredo.