Blogues

Ampliación da Axuda Material Escolar - 25€

O centro informa que hoxe publicouse a resolución  a día de hoxe na que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

O centro disporá dunha data e día concreto para que as familias poidan recoller devandito vale de 25€.

Un saúdo.

Reto 1: Credencial da Lingua

 

Este venres sae o 1º reto para conseguir un carimbo na Credencial da Lingua; facer un conto de medo relacionado coa danza, o baile, os musicais,...

Sairá a circular ,que vai servir como marco para escribir o conto.

Débese empezar polo lado que pon TÍTULO, e estar en LINGUA GALEGA!!!!.

ANPA: Volve Escola de Familias

 

 

Volve Escola de Familias

 

Xuntanza Familias de alumnado de 6º EP

Lugar: Aula de 6º de Educ. Primaria

Data: 04/10/2022

16:00h-17:00h Reunión coa ANPA - Excursión Fin de Curso

17:00h-18:00h Reunión coa Titora alumnado de 6º

Distintivo de Calidade de Centro Saudable (dende 2017) Ministerio Educación

Estamos de noraboa, voltamos a revalidar e a certificar de novo o centro como un referente no relacionado a "VIDA SAUDABLE" segundo o Ministerio de Educación.

5 anos de proxectos con auditorías, avaliacións e informes que avalan o noso quefacer diario como centro SAUDABLE onde salientan este último ano as dinámicas do comedor do centro, as actividades no relacionado a inclusión social, as iniciativas de igualdade do ANPA e os proxectos medioambientais do centro no contacto coa natureza.

Distribuir contido