Saída Escolar Parque Fervenza Aventura en Silleda 2º+3º // 07/10

Saída de medio día ao Parque de Aventura Fervenza Aventura en Silleda cos cursos 2º e 3º de Educación Primaria por motivo da celebración do Premio de Cooperativismo no ensino celebrado o pasado curso 21-22.

  • Chegarase alí ás 10:30 para comezar as actividades en hora.
  • Deben levar un tentempé para comer ao chegar e algo para comer ao rematar as actividades (bocata, auga, froita,...)
  • Roupa e calzado cómodo.
  • As actividades que se levarán a cabo serán: visita aos animais de granxa, escalada no rocódromo e tirolina e obradoiro de pan.
  • A volta está prevista en torno as 16-16:30 saír de Silleda.
  • Actividades e Transportes de Balde.

Docentes de 1º Ciclo.