Blogues

ANPA: Menú Marzo

Recomendacións Lectoras para este Fin de Semana


Dende a Biblioteca do centro e  o Dpto. de Orientación recomendamos: 

Visita a AMENCER/ASPACE en Pontevedra (5º Primaria)

Mañá o alumnado de 5º de primaria achegarase a coñecer o centro AMENCER de Lourizán (Pontevedra) para realizar unha serie de dinámicas de presentación, identificación e sensibilización a realidade da discapacidade.

Reservas abertas da nosa "Esencia LAREDO" (Colonias, Xabróns, Marcapáxinas, Pulseiras...)

Hoxe comezamos/ inaguramos a nosa produción das prantas aromáticas dentro do proxecto "Microempresa Educativa: Esencia Laredo" . O noso equipo de "produción" colocou e seleccionou as prantas que manterán ao longo de dous meses para logo facer produtos cosméticos.

Xadrez na escola 2016

O Concello de Redondela xunto coa Consellería de Educación e Ordenación  Universitaria e a ECU (European Chess Union) participa nun programa piloto de introdución do xadrez nos centros educativos co motivo de potenciar as competencias básicas do alumnado.

"Casa do Avó" Titeres Educ. Primaria de 2º a 6º (25/02)

O xoves 25 de febreiro o alumnado de 2º, 3º, 4º , 5º e 6º de primaria desprazaranse ó Multiusos Piñeiral do Crego de Chapela para asistir á representación de títeres “A casa do avó” da man de Tanxarina “A casa do avó” fálanos dos dereitos dos nenos e dos maiores.

Aberto o prazo de matrícula no centro 2016-2017

Durante o 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo de matrícula no centro. 

Os vindeiros días haberá xornadas de portas abertas (previa cita):

  • 23 de Febreiro: 16:30/18-30h
  • 1 de Marzo: 16:30/18:30h

Toda a información en: http://matricula.ceipdelaredo.com

2ª Semana da Froita de Febreiro (22-26/02)

Dentro das actuacións do centro sobre a potenciación da vida saudable, o CEIP de LAREDO  propón una serie de semanas ao longo do curso de dinámicas para o consumo de froita no centro (cotías e exóticas)  para que dende un ámbito educativo experimenten novas texturas, sabores e formas e prol da súa saúde e educación alimenticia.

Recomendacións Lectoras para este Fin de Semana


Dende a Biblioteca do centro e  o Dpto. de Orientación recomendamos: 

Distribuir contido