"Casa do Avó" Titeres Educ. Primaria de 2º a 6º (25/02)

O xoves 25 de febreiro o alumnado de 2º, 3º, 4º , 5º e 6º de primaria desprazaranse ó Multiusos Piñeiral do Crego de Chapela para asistir á representación de títeres “A casa do avó” da man de Tanxarina “A casa do avó” fálanos dos dereitos dos nenos e dos maiores.

De cómo uns e outros teñen dereito ao descanso, ao xogo, a realizar actividades propias da súa idade... así como o dereito a participar plenamente dunha vida cultural e artística e a ser coñecedores do que pasa ao seu redor dunha maneira apropiada. Unha obra de teatro social e educativo galardoada co premio María Casares ao mellor espectáculo infantil.