Blogues

Saída Teatro Musical "Carapuchiña Vermella"(22/01 EI+1º EP)

Estimadas familias, o vindeiro venres, 22 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria achegarémonos ao Multiusos de Chapela para asistir o musical: “Carapuchiña Vermella”, a cargo da compañía Educateatro Produccións.

Cousas de 4: A maxia dos instrumentos (25/01 3º+4º)

O vindeiro luns 25 de xaneiro será o alumnado de 3º e 4º o que se achegue ó Teatro Gracía Barbón de Vigo para asistir o concerto didáctico Cousas de 4 interpretado polo grupo musical Odaiko Percussion Group.

Recomendacións Lectoras para este Fin de Semana


Dende a Biblioteca do centro e  o Dpto. de Orientación recomendamos: 

Recordatorio: Lecturas Obrigatorias Educ. Primaria

Lembramos as familias que tal e como vos comentamos en Nadal, a presente relación de libros van ser lectura obrigada neste segundo trimestre. Prégase traer o mesmo pois ao longo do curso, contaremos coa presencia do autor/autora que asinará libros e faremos diferentes dinámicas e faladoiro sobre os mesmos.

Charla sobre Alimentación (Escolar-Deportiva) Mutiusos da Xunqueira

Dentro dos programas da Concellería de Deportes, FORMA-T e PREPARA-T este venres 15/01/2015 celebrarase no multiusos da Xunqueira ás 20:30 unha charla sobre alimentación deportiva, escolar e hábitos alimenticios saudables a cargo da Dra. Luisa Fernanda Pérez Méndez

Colaboración Familias día da PAZ

O vindeiro 29 de Xaneiro celebraremos o Día da Paz no centro para elo pedimos ás familias colaboración.

O alumnado deberá traer unha caixa de cartón (zapatos, embalaxe, grandes, pequenas....) forra-da/pintada/decorada con motivos alegóricos a PAZ: unha canción, uns debuxos, unhas verbas...

Laredo Plurilingüe: "Alice" teatro en inglés (3º ciclo - 14/01)

O vindeiro xoves 14 de xaneiro, o alumnado do terceiro ciclo de primaria asistirá, ao auditorio García Barbón de Vigo para asistir á obra teatral “Alice”.

Representada en lingua inglesa pola compañía Blue Mango Theatre, é unha activiade excepcional coa que mellorar a competencia lingüística do noso alumnado neste lingua.

ANPA: Menú Xaneiro

Distribuir contido