blogue deSecretaria

Recordatorio: Participar nas Enquisas de Convivencia!

Aprende coa nosa Maleta Viaxeira Musical

Co moitvo do Día da Música (22 de novembro Santa Cecilia) poñemos en marcha, por primeira vez no centro, a experiencia de "Maleta Viaxeira Musical". 

Recollida de Roupa usada para SOS África 25,26 e 27 Novembro

Como cada ano por estas datas faremos unha recollida de roupa usada no centro para diferentes entidades sen ánimo de lucro como : SOS ÁFRICA, Cáritas,...Roupa de adulto, de nenos, de bebes, zapatos,...serán recollidos no centro; deberán ser depositadas na entrada do soto, en horario de mañá, durante os días 25,26 e 27 de Novembro.

Obradoiro con Suso Fandiño "Fotogramas e medio natural"

Mañá xoves 19 de novembro iniciamos co fotógrafo Suso Fandiño o obradoiro de fotografía artística que leva por nome: “Fotogramas e medio natural: crear con luz”.

Participarán, ao longo de dous días, alumnado de 5º e 6º de primaria co obxectivo de achegalos ás dinámicas da linguaxe denotativa propias das prácticas artísticas contemporáneas.

Participa no Concurso dos Bolechas!!!

Os Bolechas poñen en marcha este concurso de debuxo en colaboración coa TVG e a Obra Social “la Caixa”.

Cada participante pode facer todos os debuxos que desexe na súa categoría correspondente:

Participa na nosa enquisa sobre Convivencia!

Proxecto Eduemprende para 5º-6º

Dentro dos proxectos a realizar no centro durante o curso 2015-2016 (ver proxectos), o centro foi seleccionado para participar nunha serie de obradoiros que potencian o sentido da iniciativa e o espirito emprendedor (Competencia recollida na LOMCE) no alumnado de 5º e 6º, tales como:

Dossier sobre o centro na prensa (Atlántico Diario)

Publicado o 11/11/2015. Premer na imaxe para ver o dossier completo. (Ver pdf)

 

Distribuir contido