Obradoiro con Suso Fandiño "Fotogramas e medio natural"

Mañá xoves 19 de novembro iniciamos co fotógrafo Suso Fandiño o obradoiro de fotografía artística que leva por nome: “Fotogramas e medio natural: crear con luz”.

Participarán, ao longo de dous días, alumnado de 5º e 6º de primaria co obxectivo de achegalos ás dinámicas da linguaxe denotativa propias das prácticas artísticas contemporáneas.

Enfocado dende unha perpectiva práctica, os rapaces terán o seu primeiro contacto co revelado analóxico creando imáxenes artísticas da súa propia colleita.

A temática fotográfica polo seu potencial plástico e a relación co eixe transversal deste curso académico, será o medio natural: follas, flores, ramas pois son ademáis susceptibles de crear espectaculares resultados plásticos mediante o uso e desenvolvemento das potencialidades desta técnica de revelado.