Recollida de Roupa usada para SOS África 25,26 e 27 Novembro

Como cada ano por estas datas faremos unha recollida de roupa usada no centro para diferentes entidades sen ánimo de lucro como : SOS ÁFRICA, Cáritas,...Roupa de adulto, de nenos, de bebes, zapatos,...serán recollidos no centro; deberán ser depositadas na entrada do soto, en horario de mañá, durante os días 25,26 e 27 de Novembro.

De precisar bolsas para a súa colleita poderedes solicitalas no comedor a través do ANPA (Macarena) dende hoxe mesmo.
Agradecemos a vosa colaboración!