PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25.

Publicadas no centro e a través da Sede electrónica, as listaxes definitivas do fondo solidario libros texto e material escolar curso 24/25.

Poderanse recoller os vales no colexio entre o 10 e o 19 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.

No caso de non poder vir algún dos proxenitores, poden delegar noutra persoa adulta, previo escrito, coa pertinente autorización e presentando DNI.

Os libros de texto do Fondo Libros de 3º e 4º de primaria entregaranse ao alumnado correspondente unha vez comezado o curso (a partir do 11 de setembro).

O alumnado de 5º e 6º de primaria seguen en E-DIXGAL.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25.

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

Artigo 13. Publicación de actos

 

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar nas que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carezan.

 

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

 

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 

Artigo 24. Publicación de listaxes provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

 

b) A continuación, cada centro xerará para cada curso:

 

1º. A listaxe provisional de solicitudes admitidas.

 

2º. A listaxe provisional de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión: por estaren presentadas fóra de prazo; por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación; ou por falta de devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda nos cursos anteriores.

 

c) As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes ao da publicación da listaxe provisional; o centro deberá resolver e gravar as reclamacións na aplicación Fondolibros.

 

RECOLLIDA HISTORIAL ACADÉMICO 6º PRIMARIA.

As familias do alumnado que pasa para o IES poden pasar polo colexio a recoller o Historial académico dos seus fillos/as. O horario de recollida é de 10:00 a 13:00 dende o mércores 3 ate o venres 12 de xullo. No caso de non poder vir algún dos proxenitores, poden delegar noutra persoa adulta previo escrito coa pertinente autorización e presentando DNI.

 

HORARIO VERÁN ATENCIÓN PÚBLICO DE 10:00-13:00.

Durante o mes de xullo o horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00.

 

FESTA FIN DE CURSO

Este ano quixemos despedir o curso cunha gran festa. O alumnado do colexio gozou neste último día de clase de inchables e xogos. Unha xornada chea de risas e tamén, ao final, de algunhas bágoas dos de 6º, por rematar a súa etapa educativa no centro. Desexámoslles a mellor das sortes.




 

 

LISTADO LIBROS DE TEXTO 24-25

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN.

Prazo de matrícula do 20 de xuño ao 1 de xullo

·     ANEXO III-1 (arquivo adxunto).

·    Xunto co ANEXO III-1 débese achegar a seguinte documentación:

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia DNI pai, nai, titores/as.

- Tres fotografías, actualizadas, tamaño carné para alumnado de infantil.

- Impreso de lingua materna (so infantil). (Arquivo adxunto)

- Impreso de solicitude de transporte no caso de ser necesario. (Arquivo adxunto).

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. NEAE

Convócanse, para o curso 2024-2025, axudas individualizadas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo, NEAE.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 30 de abril ao 13 de setembro do 2024. ambos inclusive.

 - Enlace á páxina do Ministerio: 

- Acceso ao servizo en liña 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, (ambos incluídos)

Forma de presentación:

·       

Electrónica:  utilice esta aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros e presente a solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo na icona de botón na esquina superior dereita da pantalla)

NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

·       

Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo (inicie premendo na icona de botón na esquina superior dereita da pantalla)

·       

Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 

 

TEATRO E MAXIA PARA AS LETRAS GALEGAS.

Hoxe quixemos conmemorar as Letras Galegas con dúas actuacións.

O alumnado de Infantil, 1º e 2º de primaria, asistiu a representación teatral “A Carmucha durmiñona” da Compañía Medrar-T.

 O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria asistiu ao espectáculo de maxia “As nosas Letras” da man do Mago Teto.

Dous espectáculos moi entretidos e divulgativos que fixeron pasar a todo o alumnado do Lamas unha mañá especial de xeito diferente.

 

 

 

 

Distribuir contido