Conto viaxeiro "Queridos unicornios"

Este marabilloso conto foi elaborado polo alumnado de 4 anos A xunto coas súas familias dunha maneira especial, xa que cada unha delas unicamente coñecía a frase anterior para poder continuar o conto.

Desfrutade!!

 

 

FESTA DOS MAIOS.

O pasado 15 de maio celebramos a festa dos maios. Como cada ano foi un día festivo cheo de ledicia, onde tanto nenos e nenas, profes e familias colaboraron de maneira excepcional para que puideramos gozar todos xuntos.

Aquí vos deixamos un enlace onde poderedes ver un vídeo resumen deste día.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

+ premer na imaxe.


FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 23-24.

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024.

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).  O prazo para presentar as solicitudes é dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 ambos inclusive.

 - Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros)so para alumnado que vaia a cursar 3º e 4º de primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 - O alumnado que vai a cursar 5º e 6º de primaria participan no proxecto E-DIXGAL, polo que non precisan libros de texto.


BECAS NEAE 2023-2024.

Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL 12318 Extracto da Resolución do 20 de abril de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024  (Adxunto).

- Enlace á páxina do Ministerio:

- Acceso ao servizo en liña

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE MENTAL.

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu, en dúas sesións, unhas charlas sobre Saúde Mental. A asociación Itínera (http://www.asociacionitinera.com ) foi a encargada de levar a cabo estas interesantes sesións. Este programa estivo promocionado pola Concellería de Mocidade do Concello de Santiago. Agradecemos a ambos a súa dispoñibilidade.

 

Visita ao 112

 O alumnado de 6º de Educación infantil A e B visitaron as instalacións do 112 en A Estrada, e moito aprenderon do corazón das emerxencias de Galicia. Moitas grazas a Eva, Roi e Thais por acompañarnos nesta aventura e pola acollida. Clicade na imaxe para ver un vídeo da visita das nenas e dos nenos!! 

CONCERTO DO CMUS.

Hoxe o alumnado de 2º e 3 de primaria asistiu no colexio a unha pequena mostra do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Teñen aberto o prazo de matriculación para os nenos/as que queiran iniciarse na música.

Para máis info: https://www.conservatoriosantiago.gal

  

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-24.

Foi admitido todo o alumnado que presentou neste centro unha solicitude no proceso de admisión para o curso 23-24

 

 

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas serán elaboradas pola aplicación admisiónalumnado e a súa exposición para consulta polas familias só se poderá realizar das seguintes formas:

 

-    Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

 

 - Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación.

 

 

 

 

MOVETE+ COREOGRAFÍAS

Boas familias. Hoxe publicamos uns videos con algunhas coreografías que se viñan facendo na clase de Educación Física. Forman parte, ademais, do plan Proxecta dentro do programa MÓVETE+, no que o centro vén participando desde o ano pasado. Esperamos que vos gusten.
Un saúdo.
Patricia

+ Premer na imaxe.

SOLICITUDES PERÍODO DE ADMISIÓN 22-23.

Distribuir contido