Hoxe, 5 de xuño, é o Día do Medio Ambiente!
Para celebralo fixemos unha serie de actividades estas semanas pasadas, que imos ir compartindo pouquiño a pouco. Con elas fomos coñecendo a natureza que nos rodea, así como os beneficios e as posibilidades que nos aporta.
Comezaremos co primeiro herbario, feito con moito esmero pola nosa compañeira Estela!
Sabías que cunha Queiroa se facían escobas? Ou que a camelia é boa como antilerxénico e broncodilatora? Todo iso e máis na seguinte presentación.