Ola familias! Sabemos que estades atravesando situacións extraordinarias e difíciles nestas semanas de confinamento, o que supoñen para todos nós (alumnado, familias e profesorado) un esforzo enorme de aprendizaxe e tamén de adaptación. Sabemos que os nosos nenos e nenas son unha fonte de enerxía renovable, que non se esgotan, e que a súa capacidade de rexeneración é infinita… mais por mor da situación que estamos a vivir ás veces poden experimentar emocións negativas tales como a frustración, ansiedade, incerteza, pena por non poder ver ós seus compañeiros/as, xenreira, enfado,… Por iso desde o Departamento de Orientación queremos ofrecervos un enderezo electrónico para poñernos á vosa disposición cando se vos presenten dificultades, ou tamén para que nos contedes todo o bo que estades aprendendo desta situación. Animádesvos? Podedes enviarnos os vosos debuxos sobre o que sentides, unha redacción de como vos atopades durante o confinamento, unha foto coas actividades que facedes, un vídeo explicativo,… o que vos queirades e consideredes mellor! O enderezo electrónico que se empregará para tal fin é o seguinte: ceip.joaquin.rodriguez@edu.xunta.gal Por suposto, tamén estamos á disposición de todas as nais e país para tentar resolver todas as dúbidas que se lles presenten así como axudalos e asesoralos da mellor maneira posible. Sabemos que sempre é necesaria a colaboración entre a familia e a escola, sendo nestes momentos imprescindible tender canles de unión tendo ámbalas dúas vertentes un destino común: o benestar psicolóxico e emocional do noso alumnado. E tendo sempre presente que todos unidos, o coronavirus será vencido!
Atentamente, Mª José Eirís Guillín, mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica Sheila Rodríguez Trigo, orientadora |
||
Actividades accesibles para todo o alumnado |
||
ATENCIÓN |
LECTOESCRITURA |
MATEMÁTICAS |
Propostas de PT e AL |
||
Actividades propostas para as familias |
||
Traballar coas emocións |
Juegos Mindfulness
|
Guía acompañamiento emocional en la infancia |
Departamento de orientación
Actividades propostas para Atención á diversidade
Visita de Nuba.
OI martes día 19 de Decembro recibimos a visita da Asociación Cadelar, con Nuba , can especializado na intervención asistida a persoas con necesidades.