Actividades escolares

FICHA DUN ANIMAL

FICHA DUN ANIMAL

Para facer a ficha dun animal:

1. Elixe un e busca información del.

Como se chama

Como é?

De que se alimenta?

Onde vive?

Que costumes ten?

2. Redacta a información acadada.  Describe o animal seguindo unha orde: fala primeiro do seu aspecto xeral e escribe despois como son a súa cabeza, o corpo, as patas…

3. Escribe a continuación os demais datos adicando un parágrafo a cada un dos apartados da ficha.

4. Ponlle un título.

5. Revisa o texto escrito.  Podes engadirlle unha ilustración.

OS CONTOS

                                                 OS CONTOS

Os contos son narracións breves que relatan feitos imaxinarios.  LEMBRA:

Teñen:

-        unha presentación ou comezo, en que se introducen os personaxes e o problema a que se enfrontan.

-        un ou parte central en que se desenvolve a acción.

-        un desenlace en que se relata o final da historia.

AXUDA PARA ESCRIBIR UN CONTO

Técnicas estudo

TÉCNICAS DE ESTUDO

E COMO SE ESTUDA...?

 

 Busca un lugar cómodo, ben iluminado e lonxe de distraccións.

 

- Fíxate no título e nos subtítulos (os títulos máis pequenos).

- Le en voz alta o tema (máis dunha vez).

- Estuda cun papel e lapis/bolígrafo ao lado e escribe o que che resulte máis difícil de lembrar.

- Fíxate nos exemplos e trata de pensar nalgún máis.

- Os debuxos serven tamén para fixar contido: non os perdas de vista!

- Fai un esquema (e/ou revisa o xa feito).

- Fai un resumo en voz alta.

Obradoiro sobre as velutinas.

 

O venres 15 de marzo recibimos a visita duns expertos en abellas que nos ensinaron a importancia de este insecto para a natureza e a para o home. 

Faláronnos do perigo que supón para a elas a presenza das velutinas e ensináronnos a preparar trampas coas que convatilas.