REFRÁNS
Como sabedes, o refrán é un recurso poético consistente nun pequeno grupo de versos, tradicional e de uso popular con intención didáctica ou moral.
Déixovos a recompilación dalgúns refráns que achegastes, en relación aos meses e á CLIMATOLOXÍA, para ler e facer unha reflexión.
Nunca choveu
que non escampara.
Ao mal tempo,
boa cara.
En abril,
augas mil.
En maio,
aínda a vella queima o tallo.
En outono e en inverno,
hai que predicir o mal tempo.
Nunca chove a gusto de todos.
Se en marzo canta a ra,
en maio xa calará.
Ata o corenta de maio,
non te quites o saio.
En febreiro,
busca a sombra o can.
“Año de nieves,
año de bienes”.
“La niebla de noviembre
trae el sur en el vientre”.
BEN A TODOS E TODAS!