Educación Musical

Ecopercusión

I want to break free (ritmo)!

Benvidos/as a un novo curso cheo de música e novos aprendizaxes!

 

Para quecer e ir practicando ritmos, déixovos un vídeo da primeira práctica feita en clase. Collede uns lapis e a tocar! Ten que saír fantástica!

Recordade que a música pertence ao grupo Queen, onde o cantante era Freddy Mercury.

 

 

 

 

 

 

Bo verán , artistas!

Vídeo cos traballos realizados polo alumnado durante o tempo de confinamento.

Resistiré, unha canción do Dúo Dinámico.

Parabéns á nosa compañeira Mireia, que cursa percusión no CMUS de Carballo. Ela e os seus compañeiros de banda fixeron esta versión da canción "Resistiré", do Dúo Dinámico, que quixo compartir con nós. Encántanos!  E claro que resistiremos! 

 

 

E, polo Día das Letras Galegas, deixáronnos este outra montaxe. Recoñecedes os instrumentos musicais que aparecen?

 

Propostas de Educación Artística

Propostas de Educación Artística (Música e Plástica)

clicka para acceder os contidos propostos para cada idade

EI 1º-2º
3º-4º 5º-6º

Maxina

Maxina

 

Practica a nosa versión en galego do famoso tema de John Lennon "Imagine on" (papel coa letra) con este acompañamento instrumental. Recorda agardar uns compases de introdución antes de comezar!