Bos días, chicos e chicas!
Moi ben polas actividades en Snappet! E moi orixinais as respostas libres! |
|
Proposta de tarefas para facer nesta semana, do 22/5/20 ao 29/5/20: |
|
LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet).MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet).XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet).VENRES: Ciencias Sociais: (RETOS)
|
Seguro que acertastes cos retos pasados! O prefixo "hidro" significa "auga" e o noso planeta ten as 3/4 partes cubertas de auga, bastante máis que a metade del!
Nesta semana imos repasar POBOACIÓN e XEOGRAFÍA.
RETOS:
- Lembras que significaban os termos de: natalidade, mortalidade, emigración e inmigración? Cales deles fan que a poboación dun lugar aumente? Cales que diminúa?
- Como se chama o teu concello? Investiga cantos habitantes ten.
- O teu concello está dentro da provincia galega de A Coruña. Como se chaman as outras provincias de Galicia?
- Galicia é unha comunidade autónoma de España. Cales son o resto das comunidades autónomas?
- España é un país da Unión Europea (U.E.). Cales son o resto de países que forman a Unión Europea? Mapa de axuda
Adiante!
Maita