Bos días, chic@s!
Estamos nos últimos días deste curso. Durante este tempo traballastes moito. Parabéns por tanto traballo e tan ben feito!
As tarefas que vos envío esta semana son as últimas e están adicadas á Ciencia. Consisten en experimentos que podedes facer e nos pasos para a iniciación ao método científico:
1. Observación
2. Predición ou formulación de hipóteses.
3. Experimentación
4. Análise
5. Comunicación dos resultados
Déixovos tamén un vídeo sobre Valores para a reflexión.
Adiante!
Quero dicirvos tamén que no próximo curso non estarei no colexio e gustaríame darvos as grazas porque aprendín moito con todas e todos vós. Espero que vós gardedes tamén as aprendizaxes que tivemos ocasión de compartir e que vos sexan moi útiles agora e no futuro.
Deséxovos que disfrutedes moito do verán, que sexades moi, moi felices e que alcancedes todo o bo que vos propoñades sempre.
Unha forte aperta.
Maita
Valores |