BENVIDOS/AS AO CURSO 2010-2011

NORMAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS.

Ø É imprescindible acudir ás sesións de Educación Física coa roupa e o calzado axeitado. No caso contrario non se poderá facer Educación Física.

Ø Para evitar accidentes desagradables durante a práctica de actividade física recorda que:

o  Tes que levar ben atadas as zapatillas deportivas.

o  Non se pode mascar chicle, comer caramelos…

o  É recomendable sacar os aneis, pendentes,colgantes...

Ø Respecta aos teus compañeiros/as (non todos podemos facer as mesmas cousas e da mesma maneira).

Ø Cando teñas algunha dúbida levanta a man. Se falamos todos ao mesmo tempo non nos enteraremos de nada (aprende a escoitar aos teus compañeiros/as).

  

Ademáis, para facilitar a marcha da sesión deberemos de:

ü Realizar as idas da clase ao patio cuberto e as voltas do patio cuberto á clase en orde de lista podendo falar en voz baixiña. Deste xeito respectaremos aos demáis compañeiros/as do centro e aproveitaremos de mellor maneira o tempo do que disporemos.

ü Ao chegar ao patio cuberto reunirémonos sempre na mesma zona para explicar o que faremos.

Por último pero máis importante é OBRIGATORIO PASALO BEN E DESFRUTAR DOS XOGOS COAS COMPAÑEIRAS/OS.

 

 

 

 

Patricia Graña Candal.

Mestra de Educación Física.