Repasamos:
- Sector primario: son traballos que obteñen materias primas animais e vexetais.
- Sector secundario: son os traballos que transforman as materias primas en produtos elaborados.
- Sector terciario: son os traballos que non obteñen produtos, senón que prestan servizos.
Agora que xa coñeces os distintos sectores nas profesións, realiza a seguinte actividade:
- Escribe 4 persoas que coñezas coas súas profesións e clasifica a que sector pertence cada unha.
(Por exemplo: Paula - guía turística - sector terciario)