A gaiola.

 Na gaiola teño un paxaro

que canta como un asubío.

O paxaro veu á gaiola

porque fóra tiña frío.

 

 Polo día sae ao campo

e póusase en cada flor;

di que quere a cada unha

roubarlle un pouco de cor.

 Cor branca , cor azul ,

cor verde e amarela, 

pois o paxaro o que quere

é ser unha bolboreta.