ELECCIÓNS O CONSELLO ESCOLAR 2024 DOS REPRESENTANTES DO SECTOR DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS E DO SECTOR DO PROFESORADO.

CONVOCATORIA

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se estabelece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria , a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS e SECTOR DE PROFESORADO segundo as seguintes normas:

1. - De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), rescrito conforme o estabelecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral 1 pai/nai , dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. Un dos representantes do sector de pais/nais continúa como representante por ser elixido no ano 2022 e continuar o seu mandato ata o ano 2026. O outro representantes de pais corresponde á designación da ANPA, de non producirse designación , sería elixido na votación.

No sector do profesorado corresponde elixir no proceso electoral 3 representantes no Consello Escolar.

2.- Son electores no SECTOR DE PAIS/NAIS todos os pais e nais ou, se for o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, até as 13:00 horas do día 11 de novembro.

Son electores do SECTOR DE PROFESORADO , os docentes que forman parte do claustro.

3.- Son elixíbeis no SECTOR DE PAIS/NAIS os pais e nais ou, se for o caso, os titores legais, que formularen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas até as 13:00 horas do citado día 1 1 de novembro.

Son elixibles no SECTOR DE PROFESORADO, os docentes que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas até as 13:00 horas do citado 11 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 12 de novembro, ás 09:05 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade. A elección dos representantes do profesorado realizarase nun claustro extraordinario.

5.- A campaña electoral comprenderá desde o 11 ao 16 de novembro, ambos os días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 17 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola sinatura de 10 electores.

7.- As votacións do SECTOR DE PAIS/NAIS realizaranse neste Colexio Público o día 18 de novembro, de 09:25 ata ás 18:00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 9:15 horas. O claustro extraordinario para a elección dos representantes do profesorado realizarase o día 18 de novembro ás 18:30 horas.

8.- Na papeleta de votación do SECTOR DE PAIS/NAIS cada elector fará constar un máximo de 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegábel e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se puideren formular.

Buño , 21 de outubro de 2024.

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

 

Asdo.: Fernando Quintela Cuiña.