Skip to Content

Primaria

INSCRICIÓN NO PROGRAMA DA XUNTA DIGICRAFT PARA PRIMARIA

Temos a posibilidade de facer a inscrición do programa da Xunta DIGICRAFT co patrocinio de Vodafone para introducir nos primeiros cursos de primaria a introdución á dixitalización do alumnado coas tablets Ipads da escola. 

O programa traballa contidos dixitais da súa propia páxina que anima aos alumnos e mestres a traballar dixitalmente dunha maneira lúdica. 

Estamos esperanzados de que nos collan. 

TODA A ESCOLA FAI XABÓNS(We make soap!)

Durante o segundo trimestre dende ARTS levouse a cabo o proxecto "We make soap!"

O cal consistiu na elaboración de xabóns de glicerina e flores. Este proxecto estivo estreitamente relacionado co lavado de mans como medida de prevención ante o Coronavirus.

 

Pulsa na imaxe para ver vídeo:

PASCUA 2021 (Happy Easter)

 

Este ano o equipo de plurilingüsmo preparou un "Easter Egg Hunt" diferente e moi especial.

A actividade consistiu nunha busca do tesouro. O alumnado tivo que ir por distintas zonas da escola superando retos e atopando as partes do mapa do cole para así descubrir onde estaban os ovos de chocolate.

 

 

Preme na foto para ver o ben que o pasaron:

 

 

 

A DOBRAXE NO CINEMA E NOS ANUNCIOS

O curso de 4ºEP na aula de informática traballou a gravación de audio para empregala logo como dobraxe dunha escena de filme ou un anuncio. Logo o alumnado tratará de sincronizar o audio e o video para facer unha montaxe nova. Este é o resultado:

Premede nesta foto ou no link do PADLET na que se poden comentar e puntuar as dobraxes.

https://padlet.com/jliglesiasferron/4svzysnww2xt

CHARLAS DE ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO

 

Este trimestre, o colexio organizou dúas actividades, para que toda a comunidade educativa tome conciencia dos beneficios e riscos  que supoñen o uso das novas tecnoloxías. Esta actividade organizouse en 2 quendas ou fases:

1) O día 6 de abril de 2021, o responsable do equipo de investigación tecnolóxica da policía xudicial da Garda civil de Pontevedra, D. Jose Torres Meira, en colaboración co CFR de Vigo ofreceunos unha videoconferencia: "Os menores ante as novas tecnoloxías. Beneficios e riscos" dirixida a pais/nais e profesorado do colexio. Nela ofrecunos unha análise das diferentes aplicacións (Photo Roulette, Tiktok...) e dos perigos das mesmas. Tamén profundizou en conceptos e temas como o sexting, o sex-casting, sextorsión, grooming e as súas fases, o ciberstalking, a preocupación pola xeocalización, a lexislación da privacidade e intimidade na red.

Ensinounos  como retirar os contidos comprometidos na rede (Facebook, Google, Twiter, Instagram, TikTok...) e o dereito a pedir nas aplicacións, a información que teñen de nós.

Insistiunos na importancia de instalar un sistema de control parental (por contidos, datas/días, por apps). Aconsellounos a aplicación chamada "Family Link", que ademais, é  de balde.

Tamén, aprendimos que debemos utilizar a páxina web "PEGI",  coa finalidade de analizar cada xogo que escollen os/as nosos/as fillos/as ( idade, desenvolvemento, tipo de linguaxe...) e saber cales son axeitados para cada idade.  

Rematou, cunha frase final para reflexionar: "NON PERMITAS QUE A TECNOLOXÍA TE DESCONECTE".

2) Onte e hoxe, 10-11 de maio,  a Policía Nacional colaborou cunha charla presencial dirixida ao alumnado de 4º EP, 5º EP e 6º EP: " RISCOS DE INTERNET". Os/as nenos/as amosaron moito interese. Aprenderon a importancia dunha contrasinal difícil e trucos para facer cada un a súa, a adición como un dos perigos máis salientables ( conectarse continuamente a redes sociais, durmir co móbil aceso pola noite, perder amigos por culpa das redes deixando o deporte de lado, navegar sen rumbo...)

Quizais, a charla serviulles para aprender ,que aínda que cometan un erro e se vexan sós, sempre haberá un adulto ou unha institución para protexerlles ( UFAM, 091, policía,  e sobre todo, animoulles a instalar unha aplicación "ALERTCOPS", onde poden denunciar se sofren acoso escolar ou están observando que está a ocurrir.

A policía lles alertou dos distintos tipos de RETOS e a perigosidade de alguns videoxogos. Aprenderon termos como fishing, flameo, grooming e as súas fases, sexting e a non abrir as mensaxes sospeitosas.

Ah! e a policía agasallou ao alumnado cun marcapáxinas, unha guía de consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso de internet e unha pegatina para tapar a cámara nos teléfonos móbiles e nos ordenadores. Moitas grazas!

 

Pódese apreciar a importancia deste programa de Ciberacoso e acoso escolar, plantexado desde o departamento de orientación do centro, cun tema de tanta importancia hoxe en día.

Agradecemos a participación destes policías, expertos na materia. Cremos que foi unha iniciativa, na que tanto as familias como profesorado e alumnado, aprendemos moito e, coma sempre, debemos PREVIR, previr destes perigos, antes de lamentarse das terribles consecuencias do mal uso de Internet.

INVITACIÓN VIDEOCONFERENCIA AOS PAIS/NAIS/ PROFESORADO: "LOS MENORES ANTE LAS NUEVAS TECONOLOGÍAS"

 

 

O vindeiro martes, 6 de abril de 2021, o colexio invita a todas as familias do noso alumnado a participar nesta videoconferencia que se levará a cabo as 19:00 horas. 

Pregamos  intentedes participar o maior número de pais e nais posibles, xa que tratará sobre unha problemática cada vez máis presente na sociedade. Temos que protexer e formar aos nosos/as fillos/a dos perigos na rede.

Premede na imaxe para coñecer os contenidos da charla, o seu enfoque, o ponente e o xeito de asistir á Videoconferencia a través  da plataforma  Cisco Webex Meeting.

Animádevos! É importante!

Un saúdo!

RESUMO DO CURSO ESCOLAR SOBRE O CINEMA

AQUÍ PODEDES VER UNHA PRESENTACIÓN CON GENIALLY NA QUE SE PODERÁN VISUALIZAR A INFORMACIÓN E DISTINTOS VÍDEOS DO PROXECTO FEITO ENTRE INFANTIL E 5º DE PRIMARIA SOBRE A IDADE MEDIA. PREMEDE NA FOTO GIF PARA VELO. 

AS RÚAS DE VIGO EN FEMININO

O día 8 de marzo traballamos algunhas das rúas de Vigo con nome de muller. Aquí podedes ver unha mostra (ebook) dalgunhas das mulleres traballadas nas aulas máis representativas da nosa cidade.

  

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo, celebramos no CEIP Plurilingüe Javier Sensat a SEMANA DA PRENSA co número 6 do noso DIARIO DECANO DA PRENSA ESCOLAR.

Cada curso traballou a prensa escrita ( en papel) e logo elaborou a súa noticia.

Aquí temos o novo exemplar!!

 

 

 

                                                                              

 

 

 

      

 

 

 

 

RUEIRO DE VIGO POLO DÍA DA MULLER

Este curso,traballamos o día da muller (8 de marzo), dunha maneira moi especial,buscando rúas na nosa cidade con nome de MULLER.

Cada aula centrouse nunha, logo tivo que colocar o punto de google maps no mapa do taboleiro, e facer un resumo sobre o mais destacable para deixar nun dossier de consulta

Distribuir contido


by Dr. Radut