Skip to Content

Primaria

A BANDA SONORA NO SENSAT

ARTELLANDO UNHA GALERÍA DE ARTE!

A entrada do noso cole convertiuse esta semana nunha galería de Arte! O alumnado de cada curso fíxose experto nun artísta diferente para amosarlle aos demáis parte da súa vida e obra. O resultado foi chulísimo e moitos foron os que pasaron polos murias vendo, opinando e comparando aos diferentes artistas. 

Educación Infantil: Angélica Dass coa súa obra sobre as cores da pel.

1º Educación Primaria: Wassily Kandinsky; sinestésico e obsesionado cos círculos e a arte abstracta.

2º Educación Primaria: Romero Britto; coas súas cores vivas e a mistura entre o cubismo e os patróns.

3º Educación Primaria: Vincent van Gogh; cos seus trazos únicos e os icónicos xirasois. 

4º Educación Primaria: Henri Matisse; coas súas cores pasteis e a súa técina de debuxar con tesoiras. 

5º Educación Primaria: Keith Haring; co seu estilo urbano e a súa linguaxe visual.

6º Educación Primaria: Andy Warhol; o pai do Pop Art con esas cores tan vibrantes e o seu estilo inconfundible.

A BANDA SONORA NO SENSAT

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO 2º CICLO DE PRIMARIA

Esta semana o alumnado do 2º ciclo de Primaria vivíu un día inolvidable e cheo de diversión na excursión de Fin de Curso. O día comezou no Monte Alba, gozando das actividades de 'Humor Amarillo' onde o pasaron en grande, caeron e riron sen parar! Despois baixaron á praia de Alcabre a comer e desfrutar dun día de calor onde se puideron bañar, xogar coa area, pasar tempo cos seus compañeiros e comer un xeado. Que máis se pode pedir? 

A BANDA SONORA NO SENSAT

A BANDA SONORA NO SENSAT

A BANDA SONORA NO SENSAT

LETRAS GALEGAS 2024

O Javier Sensat amplia a súa plantilla

Como nos imos ausentar un par de días, o equipo do CEIP Plurlingüe Javier Sensat decidiu contratar a estes novos traballadores para que lles boten un ollo a noso horto escolar e espanten visitas indeseadas que traten de comerse a nosa colleita antes de tempo. Sonche ben alegres e non se cansan de traballar nunca!

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe desfrutamos dun día de cole diferente co Festival das Letras Galegas 2024. Comezamos o evento cun breve repaso sobre a vida e traballo de Luisa Villalta, seguida de actuacións dos nenos e nenas do cole e rematando coa entrega de premios de contos. Unha gran mañá da que desfrutamos de bailes, cancións e obras de teatro todos xuntos como a gran familia Sensat que somos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut