Skip to Content

1 DE FEBREIRO - SESIÓN CONTACONTOS NA BIBLIO

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da paz na nosa escola decorando un mural cooperativo e cantando e bailando xuntos a canción 'Vivan las manos de colores'.

MURAL DOS SEMÁFOROS: 

Palabras vermellas: accións contra a paz

Palabras amarelas: mediación, solución de conflictos

Palabras verdes: accións en favor da paz e da no violencia. 

A BANDA SONORA NO SENSAT - PEACE EDITION

FARO DA ESCOLA

 Este curso participamos no programa Faro da Escola, que consiste en elaborar un periódico como o Faro de Vigo entre todo o alumnado do centro e empregando as noticias do noso cole e do barrio. 

Os alumnos de 4° a 6° estuvieron o pasado venres na rotativa de Faro de Vigo para coñecer por dentro o funcionamento dun periódico, ademáis de asistir a una charla onde explicaron que noticias son as que deberan traballar na aula.

A prensa mola!!!

A BANDA SONORA NO SENSAT

Cita o venres 19 na BiblioSensat!

A banda sonora no Sensat

Charla da Axencia Tributaria

A mañá do venres, o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de acudir a unha interesante charla na Biblioteca da escola, relacionada coa Axencia Tributaria. Beatriz falounos dos motivos polos que é necesario pagar impostos e o fixo dunha forma moi adecuada para a idade dos nenos e nenas, empregando moitos exemplos que facían moi sinxelo entender como sería un páis no que non existisen. Ligado a isto, tamén se fixo fincapé na importancia de coidar as cousas que son de todos, como a nosa escola, a vía pública e todos estes beneficios comúns dos que gozamos.

 

Charla sobre a Igualdade

O pasado venres recibimos no noso centro a visita de Erea, unha informadora do Concello en materia de Igualdade.

A súa exposición resultou de moito interese tanto para o alumnado de EI como para os de EP, tratando un tema de tanta relevancia na sociedade actual. A charla, baseada no visionado de vídeos e na escoita de cancións e contos, culminou con reflexións encamiñadas a apreciar e valorar a evolución do papel das mulleres na sociedade, así como na construcións de relacións interpersoais sans.

 

A BANDA SONORA NO SENSAT

Distribuir contido


by Dr. Radut